Narón - Portal Biblioteca
Publicado en Narón - Portal Biblioteca (https://biblioteca.naron.gal)

Inicio > Novo carné da biblioteca. Actualización dos datos de usuarios/as

Novo carné da biblioteca. Actualización dos datos de usuarios/as

xoves, 27 de Xullo de 2017

Integración da biblioteca na rede de centros con carné único (II)

A integración da Biblioteca Pública Municipal de Narón na rede de bibliotecas de Galicia que comparten un carné único está cada vez máis preto.

Como xa vos avanzamos, cada persoa usuaria recibirá un novo carné co que poder acceder ao servizo de préstamo en todos os centros pertencentes á rede.

No momento no que a nosa biblioteca pase a formar parte da rede, tomaranse en conta os datos de usuarios/as xa existentes na nosa base de datos. Para non perder a condición de usuario/a (que implicaría ter que darse de alta novamente), precisamos que todas aquelas persoas que facedes uso do servizo teñades os datos actualizados.

 

Necesitaremos:

  • DNI: hai moitos usuarios/as infantís que no momento de darse de alta non tiñan DNI e agora xa o teñen, neses casos habería que actualizar as fichas.
  • Nome e apelidos.
  • Datos de contacto (enderezo postal, enderezo electrónico e teléfono) actualizados.
  • Data de nacemento: imprescindible para que o sistema diferencie usuarios/as infantís de adultos/a).

Podedes actualizar estes datos:

De maneira presencial

No mostrador da biblioteca

Por correo postal

Biblioteca Pública Municipal de Narón

R/ 25 de xullo, s/n 15570 Narón, A Coruña

Por teléfono

981382173 (en horario de apertura)

Por correo electrónico

biblioteca.central@naron.es [1]

 

Por favor, tede coidado de non compartir estes datos publicamente nas nosas redes sociais.

 

 

Etiquetas: 
carné único
KOHA
rede bibliotecas galicia

Séguenos en:

  • Facebook
  • Twitter
  • Blog

Horario de apertura

 

Horario habitual de inverno:

SALA ADULTOS/AS:

  ► Luns a venres de 9:30 a 13:30 e de 16:00 a 21:00.

  ► Sábados de 10:00 a 13:00.

 

SALA INFANTIL:

  ► Luns a venres de 17:00 a 20:00.

  ► Sábados de 10:00 a 13:00.

 

A ATENCIÓN AO PÚBLICO E A SALA DE INFORMÁTICA SUSPÉNDENSE 15 MINUTOS ANTES DA HORA DE PECHE.

 

Biblioteca Pública Municipal de Narón.

R/ 25 de Xullo, s/n - 15570 - Narón, A Coruña

biblioteca.central@naron.gal

Teléfono: 981 38 21 73 

Galería imaxes

Ver máis imaxes

Concello de Narón

Este é un portal web do Concello de Narón, que cumpre as normas de accesibilidade no seu estándar WAI-A. Trátase dun servizo público dixital para facilitar a interacción coa nosa Biblioteca Municipal.

  • Política de Privacidade
  • Aviso legal
  • Cookies
  • Accesibilidade
  • Acceso corporativo

URL:https://biblioteca.naron.gal/gl/catalogo/post/novo-carn%C3%A9-da-biblioteca-actualizaci%C3%B3n-dos-datos-de-usuariosas

Ligazóns
[1] mailto:biblioteca.central@naron.es