Narón - Portal Biblioteca
Publicado en Narón - Portal Biblioteca (https://biblioteca.naron.gal)

Inicio > Club de lectura

Club de lectura

mércores, 13 de Setembro de 2017

Proximamente a biblioteca porá en marcha un Club de lectura para persoas adultas

A posta en marcha dun club de lectura para adultos/as na nosa biblioteca é unha das grandes demandas que se veñen producindo dende fai xa moito tempo.

Por fin chegou o momento tan esperado! O primeiro clube arrinca neste mes de outubro.

Esta actividade, destinada a persoas a partir de 16 anos, consistirá na lectura simultánea dun libro cada mes. Os libros serán proporcionados en préstamo polo Club de lectura da Biblioteca de Galicia.

As xuntanzas para comentar os diferentes aspectos das obras e debatir sobre a súa lectura terán unha frecuencia bimensual (unha xuntanza cada quince días) e unha duración de hora e media. As xuntanzas serán de tarde, no horario que se estableza na xornada de presentación.

Para participar:

O mércores 20 de setembro ás 9:30 abrimos o prazo de inscrición. A reserva da praza pode facerse de maneira presencial ou chamando ao 981382173 en horario de apertura. Terán preferencia as persoas que no momento de abrirse o prazo xa teñan o carné da biblioteca.

O xoves 28 de setembro terá lugar a xornada de presentación onde se establecerá o horario das reunións e se resolverán todas as dúbidas. A esta xornada serán convocadas as persoas con praza e as primeiras en lista de espera.

 

 

 

Etiquetas: 
Club de lectura
Biblioespazo 2017
Adultos/as

Séguenos en:

  • Facebook
  • Twitter
  • Blog

Horario de apertura

 

Horario habitual de inverno:

SALA ADULTOS/AS:

  ► Luns a venres de 9:30 a 13:30 e de 16:00 a 21:00.

  ► Sábados de 10:00 a 13:00.

 

SALA INFANTIL:

  ► Luns a venres de 17:00 a 20:00.

  ► Sábados de 10:00 a 13:00.

 

A ATENCIÓN AO PÚBLICO E A SALA DE INFORMÁTICA SUSPÉNDENSE 15 MINUTOS ANTES DA HORA DE PECHE.

 

Biblioteca Pública Municipal de Narón.

R/ 25 de Xullo, s/n - 15570 - Narón, A Coruña

biblioteca.central@naron.gal

Teléfono: 981 38 21 73 

Galería imaxes

Ver máis imaxes

Concello de Narón

Este é un portal web do Concello de Narón, que cumpre as normas de accesibilidade no seu estándar WAI-A. Trátase dun servizo público dixital para facilitar a interacción coa nosa Biblioteca Municipal.

  • Política de Privacidade
  • Aviso legal
  • Cookies
  • Accesibilidade
  • Acceso corporativo

URL:https://biblioteca.naron.gal/gl/catalogo/post/club-de-lectura