Narón - Portal Biblioteca
Publicado en Narón - Portal Biblioteca (https://biblioteca.naron.gal)

Inicio > Axudantes do Apalpador

Axudantes do Apalpador

Data: 
martes, 19 de Decembro de 2017
Lugar: 
Biblioteca Pública Municipal de Narón

Xuntámonos na biblioteca para botar unha man ao Apalpador e aos Reis Magos envolvendo os agasallos de Nadal

Sabemos que estas datas son especialmente duras para o Apalpador e para os Reis Magos. A cantidade de agasallos que teñen que envolver este mes produce, sen dúbida, unha sobrecarga no traballo que desenvolven.

Na biblioteca queremos botarlles unha man axudando a envolver aqueles presentes que lles pedimos na carta e que van destinados aos nosos seres queridos. Para iso reunirémonos o martes 19 de decembro en dúas quendas (18:00 a 19:00 e 19:00 a 20:00) para compartir un espazo e un momento onde dar renda solta á nosa creatividade.

Teremos preparados moitos elementos para que os agasallos luzan ben bonitos, pero recomendámosvos que (na medida do posible) traiades os vosos propios materiais para que os paquetes sexan máis personalizados.

Cada participante poderá compartir as súas técnicas e truquiños coas tesoiras, os papeis e os lazos co resto. Entre todos e todas seremos quen de elaborar uns paquetes de revista!

Esta actividade está destinada exclusivamente a persoas adultas. Para participar terás que reservar a túa praza para unha das quendas. Podes facelo no mostrador da sala de adultos/as ou chamando ao 981382173 a partir do xoves 14 de decembro ás 16:00 horas.

Séguenos en:

  • Facebook
  • Twitter
  • Blog

Horario de apertura

 

Horario habitual de inverno:

SALA ADULTOS/AS:

  ► Luns a venres de 9:30 a 13:30 e de 16:00 a 21:00.

  ► Sábados de 10:00 a 13:00.

 

SALA INFANTIL:

  ► Luns a venres de 17:00 a 20:00.

  ► Sábados de 10:00 a 13:00.

 

A ATENCIÓN AO PÚBLICO E A SALA DE INFORMÁTICA SUSPÉNDENSE 15 MINUTOS ANTES DA HORA DE PECHE.

 

Biblioteca Pública Municipal de Narón.

R/ 25 de Xullo, s/n - 15570 - Narón, A Coruña

biblioteca.central@naron.gal

Teléfono: 981 38 21 73 

Galería imaxes

Ver máis imaxes

Concello de Narón

Este é un portal web do Concello de Narón, que cumpre as normas de accesibilidade no seu estándar WAI-A. Trátase dun servizo público dixital para facilitar a interacción coa nosa Biblioteca Municipal.

  • Política de Privacidade
  • Aviso legal
  • Cookies
  • Accesibilidade
  • Acceso corporativo

URL:https://biblioteca.naron.gal/gl/actividades/eventos/axudantes-do-apalpador