Narón - Portal Biblioteca
Publicado en Narón - Portal Biblioteca (https://biblioteca.naron.gal)

Inicio > Obradoiros de Nadal na biblioteca

Obradoiros de Nadal na biblioteca

Data: 
martes, 4 de Decembro de 2018
Lugar: 
Biblioteca Pública Municipal de Narón

Dúas sesións para público infantil e unha para persoas adultas coas que celebramos o Nadal

Ao longo do mes de decembro terán lugar na biblioteca diferentes obradoiros cos que tanto os nenos e nenas coma as persoas adultas poderán desenvolver as súas habilidades creativas e decorativas.

Tarxetas de Nadal:

Martes 4 de decembro ás 18:00 h.

Nada mellor que elaborar as nosas propias tarxetas de Nadal para enviar aos nosos seres queridos. Os nenos e as nenas asistentes deseñarán a súa propia tarxeta para darlle un toque aínda máis persoal a estas postais. É necesario que cada neno e nena pense a quen quere destinar a súa postal e traia o enderezo anotado, xa que todas as tarxetas serán enviadas por correo postal.

A partir de 4 anos.

Inscrición a partir do venres 30 de novembro ás 9:30 h.

 
Centro de mesa decorativo:

Martes 11 de decembro ás 18:00 h.

Os/as  pequenos/as da casa teñen moita ilusión polo Nadal e unha maneira de facelos/as partícipes nos preparativos é propoñerlles a súa colaboración para a decoración do fogar. Neste obradoiro elaborarase un centro de mesa co que os rapaces e rapazas poderán presumir ante toda a familia.

A partir de 4 anos.

Inscrición a partir do mércores 5 de decembro ás 9:30 h.

 
Maker space: empaquetado creativo:

Martes 18 de decembro ás 18:00 h.

Con este obradoiro queremos comezar un ciclo de actividades destinadas ao público adulto onde a idea principal sexa compartir un espazo de creación. Non se tratará de cursos de formación, senón de compartir experiencias e coñecementos entre as persoas participantes.

No caso do obradoiro de empaquetado creativo compartiremos a tan ilusionante tarefa de empaquetado de agasallos co grupo. Cada persoa poderá aportar a súa experiencia e habilidade pero tamén haberá modelos para utilizar de apoio, exemplos de diferentes tipos de empaquetado para elexir o que máis se adecue aos nosos paquetes. 

É preciso que os/as participantes traian os agasallos que queren envolver. A biblioteca proporcionará papel e outros elementos decorativos pero cada persoa poderá traer tamén os que máis lle gusten ou queira empregar.

Para persoas adultas (a partir de 16 anos).

Inscrición a partir do venres 13 de decembro ás 9:30 h.

 

Inscricións:

Tanto as persoas adultas coma os nenos e nenas teñen que ter o carné da rede de bibliotecas sen sancións pendentes.

As inscricións poderán realizarse a partir das datas e horas indicadas para cada obradoiro no mostrador da sala de adultos/as ou chamando ao 981382173 en horario de apertura.

 

 

Séguenos en:

  • Facebook
  • Twitter
  • Blog

Horario de apertura

 

Horario habitual de inverno:

SALA ADULTOS/AS:

  ► Luns a venres de 9:30 a 13:30 e de 16:00 a 21:00.

  ► Sábados de 10:00 a 13:00.

 

SALA INFANTIL:

  ► Luns a venres de 17:00 a 20:00.

  ► Sábados de 10:00 a 13:00.

 

A ATENCIÓN AO PÚBLICO E A SALA DE INFORMÁTICA SUSPÉNDENSE 15 MINUTOS ANTES DA HORA DE PECHE.

 

Biblioteca Pública Municipal de Narón.

R/ 25 de Xullo, s/n - 15570 - Narón, A Coruña

biblioteca.central@naron.gal

Teléfono: 981 38 21 73 

Galería imaxes

Ver máis imaxes

Concello de Narón

Este é un portal web do Concello de Narón, que cumpre as normas de accesibilidade no seu estándar WAI-A. Trátase dun servizo público dixital para facilitar a interacción coa nosa Biblioteca Municipal.

  • Política de Privacidade
  • Aviso legal
  • Cookies
  • Accesibilidade
  • Acceso corporativo

URL:https://biblioteca.naron.gal/gl/actividades/eventos/obradoiros-de-nadal-na-biblioteca