Narón - Portal Biblioteca
Publicado en Narón - Portal Biblioteca (https://biblioteca.naron.gal)

Inicio > Club de lectura da Biblioteca Provincial da Coruña

Club de lectura da Biblioteca Provincial da Coruña

xoves, 7 de Febreiro de 2019

Un novo club de lectura en liña para os usuarios e usuarias das bibliotecas públicas da provincia da Coruña

A Biblioteca da Deputación Provincial da Coruña pon a disposición dos usuarios das bibliotecas da provincia un Club de lectura en liña. A partir do vindeiro martes 12 de febreiro poderedes formar parte do EbibliodaCoruna Club Lector.

 

Que é?

EbibiodaCoruna Club Lector é un espazo en liña para ler, comentar e compartir lecturas en galego e castelán tendo en conta a actualidade, intereses e gustos das persoas participantes.

É  un club de lectura virtual aberto as 24 horas no que pode participar calquera persoa usuaria do servizo de préstamo dixital EbiblioDaCoruna.

 

Como funciona?

O club de lectura divídese en dúas salas:

  •  Arredor dos libros, dedicada a escritores e escritoras galegos/as.
  • Compartiendo lecturas, na que se percorren libros actuais de temática variada en castelán.

Os clubs están moderados por unha persoa cualificada con moitos anos de experiencia moderando clubs de lectura e impartindo clases de español e galego. Os clubs de lectura teñen ademáis o soporte do persoal técnico da Biblioteca da Deputación.

A programación das lecturas no club para os vindeiros meses é a seguinte:

Arredor dos libros:

  • Vivir sen permiso e outras historias de Oeste, de Manuel Rivas. Comeza o 12 de febreiro.
  • A memoria da choiva, de Pedro Feijoo. Comeza o 16 de abril.
  • Insolación, de Emilia Pardo Bazán. Comeza o 11 de xuño.

Compartiendo lecturas:

  • Los pacientes del doctor García, de Almudena Grandes. Comeza 28 de febreiro.
  • Poesía reunida, de Ida Vitale. Comeza 4 de abril.
  • La uruguaya, de Pedro Mairal. Comeza 28 de maio.
 
Quen pode participar?

Calquera persoa usuaria da EbiblioDaCoruna (o servizo de préstamo dixital da Biblioteca da Deputación).

Para acceder só é preciso cumprir os seguintes requerimentos:

  • Estar de alta na plataforma de préstamo dixital EbibliodaCoruna. Date de alta aquí de balde: http://deputaciondacoruna.tubiblioweb.com/alta-no-prestamo-electronico/ [1]
  • Ter un dispositivo para ler con acceso á Internet: móbil, ordenador, tableta...
  • Para acceder ao club lector premer nesta ligazón: https://ebibliodacorunaclub.odilotk.es [2]
  • E identificarse no apartado Iniciar sesión coas claves da EbibliodaCoruna.
 
Como unirse a un club e participar?

Unha vez que a persoa interesada se identifica no apartado Iniciar sesión, xa pode comezar a seguir calquera dos dous clubs, premendo en Seguir.

Na pestana Información aparece a programación do club para os vindeiros meses e unhas breves indicacións de uso.

Na pestana Lecturas pódese tomar en préstamo o libro, que estará dispoñible a partir do mesmo día en que comeza o club.

Nas pestanas Foro, Chat e Citas pódese contestar ás conversas que abre a persoa moderadora, chatear co resto de participantes no club e compartir e comentar as nosas frases favoritas do libro.

 
Onde atopar información?

Toda a información necesaria para participar no club pode atoparse:

  • Na páxina web da Biblioteca da Deputacion provincial da Coruña: www.dacoruna.gal/biblioteca [3] no apartado EbiblioDaCoruna Club Lector.
  • Por correo electrónico ao enderezo biblioteca.info@dacoruna.gal [4] 
  • Por teléfono no número  981 080 176
  • De maneira presencial: na sala de Préstamo e Información no primeiro andar da Biblioteca en Riego de Agua 37, A Coruña.

 

 

Etiquetas: 
Club de lectura
Deputación Provincial
Ebibliodacoruna

Séguenos en:

  • Facebook
  • Twitter
  • Blog

Horario de apertura

 

Horario habitual de inverno:

SALA ADULTOS/AS:

  ► Luns a venres de 9:30 a 13:30 e de 16:00 a 21:00.

  ► Sábados de 10:00 a 13:00.

 

SALA INFANTIL:

  ► Luns a venres de 17:00 a 20:00.

  ► Sábados de 10:00 a 13:00.

 

A ATENCIÓN AO PÚBLICO E A SALA DE INFORMÁTICA SUSPÉNDENSE 15 MINUTOS ANTES DA HORA DE PECHE.

 

Biblioteca Pública Municipal de Narón.

R/ 25 de Xullo, s/n - 15570 - Narón, A Coruña

biblioteca.central@naron.gal

Teléfono: 981 38 21 73 

Galería imaxes

Ver máis imaxes

Concello de Narón

Este é un portal web do Concello de Narón, que cumpre as normas de accesibilidade no seu estándar WAI-A. Trátase dun servizo público dixital para facilitar a interacción coa nosa Biblioteca Municipal.

  • Política de Privacidade
  • Aviso legal
  • Cookies
  • Accesibilidade
  • Acceso corporativo

URL:https://biblioteca.naron.gal/gl/catalogo/post/club-de-lectura-da-biblioteca-provincial-da-coru%C3%B1a

Ligazóns
[1] http://deputaciondacoruna.tubiblioweb.com/alta-no-prestamo-electronico/ [2] https://ebibliodacorunaclub.odilotk.es/ [3] http://www.dacoruna.gal/biblioteca [4] mailto:biblioteca.info@dacoruna.gal