Narón - Portal Biblioteca
Publicado en Narón - Portal Biblioteca (https://biblioteca.naron.gal)

Inicio > Clases de español para persoas estranxeiras

Clases de español para persoas estranxeiras

venres, 22 de Febreiro de 2019

A biblioteca prestará este servizo a partir de marzo

A partir de marzo deste ano a biblioteca comezará a impartir, dentro do programa Biblioespazo 2019, clases de español para persoas estranxeiras.

As clases impartiranse na sala multiusos da segunda planta da biblioteca, todos os xoves de 19:30 a 21:00 horas.

A partir do luns 25 de febreiro poden inscribirse todas as persoas interesadas na iniciativa. A inscrición pode facerse a partir das 9:30 tanto de maneira presencial como chamando por teléfono ao 981382173 en horario de apertura. Haberá un total de 10 prazas dispoñibles que se outorgarán por rigurosa orde de inscrición. O resto das persoas inscritas quedarán en lista de espera.
 
Para favorecer a participación das persoas máis desfavorecidas non se esixirán datos sobre a súa situación legal.

 

Destinatarios/as:

Persoas adultas.

 

Lugar:

Sala multiusos da segunda planta da Biblioteca pública municipal de Narón.

R/ 25 de xullo, s/n 15570 Narón, A Coruña

 

Horario:

Todos os xoves de 19:30 a 21:00

 

Inscricións:

A partir do luns 25 de febreiro na propia biblioteca ou chamando ao 981382173 en horario de apertura.

 

Número de prazas:

10, outorgadas por orde de inscrición. A inscrición estará aberta mentres haxa prazas libres.

 

Prezo:

Actividade completamente libre e de balde.

 

 

Etiquetas: 
Clases de español
Persoas estranxeiras
Biblioespazo 2019

Séguenos en:

  • Facebook
  • Twitter
  • Blog

Horario de apertura

 

Horario habitual de inverno:

SALA ADULTOS/AS:

  ► Luns a venres de 9:30 a 13:30 e de 16:00 a 21:00.

  ► Sábados de 10:00 a 13:00.

 

SALA INFANTIL:

  ► Luns a venres de 17:00 a 20:00.

  ► Sábados de 10:00 a 13:00.

 

A ATENCIÓN AO PÚBLICO E A SALA DE INFORMÁTICA SUSPÉNDENSE 15 MINUTOS ANTES DA HORA DE PECHE.

 

Biblioteca Pública Municipal de Narón.

R/ 25 de Xullo, s/n - 15570 - Narón, A Coruña

biblioteca.central@naron.gal

Teléfono: 981 38 21 73 

Galería imaxes

Ver máis imaxes

Concello de Narón

Este é un portal web do Concello de Narón, que cumpre as normas de accesibilidade no seu estándar WAI-A. Trátase dun servizo público dixital para facilitar a interacción coa nosa Biblioteca Municipal.

  • Política de Privacidade
  • Aviso legal
  • Cookies
  • Accesibilidade
  • Acceso corporativo

URL:https://biblioteca.naron.gal/gl/catalogo/post/clases-de-espa%C3%B1ol-para-persoas-estranxeiras