Narón - Portal Biblioteca
Publicado en Narón - Portal Biblioteca (https://biblioteca.naron.gal)

Inicio > Campaña de recollida de libros para o Centro de recursos solidarios

Campaña de recollida de libros para o Centro de recursos solidarios

sábado, 23 de Novembro de 2019

Xoguetes e libros para o Nadal

O Concello iniciou o pasado martes 19 de novembro unha campaña de recollida de xoguetes para as familias con escasos recursos. A recollida dos xoguetes está xestionada polo Centro de Recursos Solidarios de Narón que se encargará, coa axuda de persoas voluntarias, de clasificalos e envolvelos para seren entregados ás familias o día antes de Reis.

Máis información: Campaña de recollida de xoguetes. [1]

Paralelamente a Biblioteca de Narón organiza unha campaña de recollida de libros para que, ademáis dos xoguetes, os nenos e nenas de Narón atopen na súa árbore de Nadal un conto infantil adaptado á súa idade.

Os libros poden entregarse entre o luns 25 de novembro e o sábado 14 de decembro en calquera dos tres dispositivos bibliotecarios municipais:

  • Na Biblioteca central do Alto de luns a venres de 9:30 a 13:30 e de 16:00 a 21:00 e sábados de 10:00 a 13:00.
  • Na Axencia de lectura municipal da Gándara, de luns a venres de 17:00 a 19:00.
  • Na Axencia de lectura municipal da Solaina/Ludoteca de luns e venres de 16:00 a 20:00.

Os contos doados, que deberán estar en perfecto estado e sen marcas, serán clasificados por idades polo persoal da biblioteca. O servizo organiza un obradoiro de empaquetado creativo para que as persoas maiores de 16 anos que así o desexen poidan participar envolvendo para agasallo estes contos. A cita será o martes 17 de decembro entre as 18:00 e as 20:00 horas, intervalo horario no que a chegada e a saída é libre. Para participar non é necesaria inscrición previa.

 

 

Etiquetas: 
Xoguetes
Contos
Nadal
Obradoiros
Biblioespazo 2019

Séguenos en:

  • Facebook
  • Twitter
  • Blog

Horario de apertura

 

Horario habitual de inverno:

SALA ADULTOS/AS:

  ► Luns a venres de 9:30 a 13:30 e de 16:00 a 21:00.

  ► Sábados de 10:00 a 13:00.

 

SALA INFANTIL:

  ► Luns a venres de 17:00 a 20:00.

  ► Sábados de 10:00 a 13:00.

 

A ATENCIÓN AO PÚBLICO E A SALA DE INFORMÁTICA SUSPÉNDENSE 15 MINUTOS ANTES DA HORA DE PECHE.

 

Biblioteca Pública Municipal de Narón.

R/ 25 de Xullo, s/n - 15570 - Narón, A Coruña

biblioteca.central@naron.gal

Teléfono: 981 38 21 73 

Galería imaxes

Ver máis imaxes

Concello de Narón

Este é un portal web do Concello de Narón, que cumpre as normas de accesibilidade no seu estándar WAI-A. Trátase dun servizo público dixital para facilitar a interacción coa nosa Biblioteca Municipal.

  • Política de Privacidade
  • Aviso legal
  • Cookies
  • Accesibilidade
  • Acceso corporativo

URL:https://biblioteca.naron.gal/gl/catalogo/post/campa%C3%B1a-de-recollida-de-libros-para-o-centro-de-recursos-solidarios

Ligazóns
[1] http://www.naron.es/web/cat/web/cat/gal/noticias/get/3444/