Narón - Portal Biblioteca
Publicado en Narón - Portal Biblioteca (https://biblioteca.naron.gal)

Inicio > Presentación de "Nana para un soldado"

Presentación de "Nana para un soldado"

xoves, 23 de Xaneiro de 2020

Pepablo Patinho presenta o seu libro na biblioteca

O vindeiro xoves 30 de xaneiro conmemórase o Día escolar da paz e non violencia coincidindo coa data do pasamento de Mahatma Gandhi en 1948.

Esta celebración ten por obxectivo a educación para a tolerancia, a solidariedade, a concordia e o respecto aos Dereitos Humanos. Os centros educativos de todos os niveis convértense así en instrumentos para a paz e a non violencia.

O Concello de Narón programa para esta data á representación teatral da obra Nana para un soldado, escrita por Pepablo Patinho e representada por Teatro Ghazafelhos [1], á que asistirá o alumnado de 3º e 4º de primaria dos centros educativos de Narón.

Esta función compleméntase coa presentación ás 18:00 horas na Biblioteca municipal do Alto do texto no que se basea a obra teatral. O acto estará protagonizado polo autor, Pepablo Patinho, que fará unha presentación dinámica do libro para que os nenos e nenas gocen desta actividade. A presentación está aberta ao público en xeral e especialmente recomendada para o público infantil.

 

 

Etiquetas: 
Presentacións
Libros
Autores/as
Biblioespazo 2020

Séguenos en:

  • Facebook
  • Twitter
  • Blog

Horario de apertura

 

Horario de verán (21 de xuño a 6 de setembro)

SALA ADULTOS/AS:

  ► Mañás: de martes a venres de 9:00 a 14:00.

  ► Tardes: luns e mércores de 18:00 a 21:00.

SALA INFANTIL:

  ► Mañás: de martes a venres de 10:00 a 13:00.

  ► Tardes: luns e mércores de 18:00 a 21:00.

 

A ATENCIÓN AO PÚBLICO E A SALA DE INFORMÁTICA SUSPÉNDENSE 15 MINUTOS ANTES DA HORA DE PECHE.

 

Biblioteca Pública Municipal de Narón.

R/ 25 de Xullo, s/n - 15570 - Narón, A Coruña

biblioteca.central@naron.gal

Teléfono: 981 38 21 73 

Galería imaxes

Ver máis imaxes

Concello de Narón

Este é un portal web do Concello de Narón, que cumpre as normas de accesibilidade no seu estándar WAI-A. Trátase dun servizo público dixital para facilitar a interacción coa nosa Biblioteca Municipal.

  • Política de Privacidade
  • Aviso legal
  • Cookies
  • Accesibilidade
  • Acceso corporativo

URL:https://biblioteca.naron.gal/gl/catalogo/post/presentaci%C3%B3n-de-nana-para-un-soldado

Ligazóns
[1] https://urdime.gal/project/teatro-ghazafelhos/