Narón - Portal Biblioteca
Publicado en Narón - Portal Biblioteca (https://biblioteca.naron.gal)

Inicio > Lectura infantil conxunta

Lectura infantil conxunta

sábado, 18 de Abril de 2020

Lemos xuntos/as "A vaca que puxo un ovo"

Como ben sabedes, o xoves da vindeira semana conmemórase o Día internacional do libro.

Ante a imposibilidade de celebralo coma sempre, xuntándonos para facer actividades de todos os tipos e para todas as idades, queremos xuntarvos de maneira virtual. Para iso organizamos a lectura conxunta dun dos contos infantís que máis éxito teñen na nosa biblioteca: A vaca que puxo un ovo, de Andy Cutbill.

Animámosvos a gravar un vídeo lendo esta historia. Cos vídeos que recibamos ata o martes 21 ás 12:00 da mañá faremos unha composición na que cada participante sairá lendo un fragmento; facendo así unha lectura conxunta entre todos e todas.

Non vos preocupedes se non tedes o conto na casa, deixamos o texto completo neste enlace: A vaca que puxo un ovo. [1]

Podedes enviarnos os vídeos a biblioteca.central@naron.es [2]

Quen se anima?

E lembrade que estamos activas nas nosas redes, compartindo tanto propostas propias coma alleas que coidamos que poden ser do voso interese:

  • Facebook [3]
  • Twitter [4]
  • Instagram [5]

 

 

 

Etiquetas: 
Contacontos
Lecturas conxuntas

Séguenos en:

  • Facebook
  • Twitter
  • Blog

Horario de apertura

 

Horario habitual de inverno:

SALA ADULTOS/AS:

  ► Luns a venres de 9:30 a 13:30 e de 16:00 a 21:00.

  ► Sábados de 10:00 a 13:00.

 

SALA INFANTIL:

  ► Luns a venres de 17:00 a 20:00.

  ► Sábados de 10:00 a 13:00.

 

A ATENCIÓN AO PÚBLICO E A SALA DE INFORMÁTICA SUSPÉNDENSE 15 MINUTOS ANTES DA HORA DE PECHE.

 

Biblioteca Pública Municipal de Narón.

R/ 25 de Xullo, s/n - 15570 - Narón, A Coruña

biblioteca.central@naron.gal

Teléfono: 981 38 21 73 

Galería imaxes

Ver máis imaxes

Concello de Narón

Este é un portal web do Concello de Narón, que cumpre as normas de accesibilidade no seu estándar WAI-A. Trátase dun servizo público dixital para facilitar a interacción coa nosa Biblioteca Municipal.

  • Política de Privacidade
  • Aviso legal
  • Cookies
  • Accesibilidade
  • Acceso corporativo

URL:https://biblioteca.naron.gal/gl/catalogo/post/lectura-infantil-conxunta

Ligazóns
[1] http://biblioteca.naron.es/sites/default/files/A%20vaca%20que%20puxo%20un%20ovo.pdf [2] mailto:biblioteca.central@naron.es [3] https://es-es.facebook.com/bpmdenaron/ [4] https://twitter.com/bibliotecanaron?lang=es [5] https://www.instagram.com/bibliotecadenaron/?hl=es