Narón - Portal Biblioteca
Publicado en Narón - Portal Biblioteca (https://biblioteca.naron.gal)

Inicio > Concurso "Portadas de libros"

Concurso "Portadas de libros"

domingo, 19 de Abril de 2020

Participa no concurso #PortadasdelibrosBPN

Este ano non podemos celebrar o Día internacional do libro como adoitamos facer, con múltiples actividades presenciais para todo tipo de público.

Porén, aínda atopamos maneiras de conmemorar esta gran data de xeito virtual. Unha delas é a participación na lectura conxunta de A vaca que puxo un ovo [1]. Outra é o concurso #PortadasdelibrosBPN.

Participar neste concurso é moi sinxelo, só tes que colgar na túa conta de Instagram entre o luns 20 e o domingo 26 de abril unha imaxe que recolla a cuberta dun libro e a súa reprodución feita por ti cos medios que teñas na casa (como na imaxe que ilustra esta nova).

 

É imprescindible:

  • que sigas a conta da biblioteca e a menciones(@bibliotecadenaron).
  • que engadas a etiqueta #PortadasdelibrosBPN.

O luns 27 de abril faremos revisión de todas as fotos que cumpran cos requisitos e votaremos á foto gañadora.

Podes consultar aquí as bases do concurso. [2]

 

 

Etiquetas: 
concursos
Libros
Fotografía
Día internacional do libro

Séguenos en:

  • Facebook
  • Twitter
  • Blog

Horario de apertura

 

Horario habitual de inverno:

SALA ADULTOS/AS:

  ► Luns a venres de 9:30 a 13:30 e de 16:00 a 21:00.

  ► Sábados de 10:00 a 13:00.

 

SALA INFANTIL:

  ► Luns a venres de 17:00 a 20:00.

  ► Sábados de 10:00 a 13:00.

 

A ATENCIÓN AO PÚBLICO E A SALA DE INFORMÁTICA SUSPÉNDENSE 15 MINUTOS ANTES DA HORA DE PECHE.

 

Biblioteca Pública Municipal de Narón.

R/ 25 de Xullo, s/n - 15570 - Narón, A Coruña

biblioteca.central@naron.gal

Teléfono: 981 38 21 73 

Galería imaxes

Ver máis imaxes

Concello de Narón

Este é un portal web do Concello de Narón, que cumpre as normas de accesibilidade no seu estándar WAI-A. Trátase dun servizo público dixital para facilitar a interacción coa nosa Biblioteca Municipal.

  • Política de Privacidade
  • Aviso legal
  • Cookies
  • Accesibilidade
  • Acceso corporativo

URL:https://biblioteca.naron.gal/gl/catalogo/post/concurso-portadas-de-libros

Ligazóns
[1] http://biblioteca.naron.es/gl/catalogo/post/lectura-infantil-conxunta [2] http://biblioteca.naron.es/sites/default/files/Bases%20concurso%20portadas%20de%20libros%20galego.pdf