Narón - Portal Biblioteca
Publicado en Narón - Portal Biblioteca (https://biblioteca.naron.gal)

Inicio > As devolucións dos materiais tras o confinamento

As devolucións dos materiais tras o confinamento

venres, 8 de Maio de 2020

Explicámosvos como facer para devolver os materiais da biblioteca que tedes na casa

Sodes centos as persoas que neste momento tedes materiais da Biblioteca de Narón nas vosas casas e tamén moitas as que durante este tempo de confinamento chamastes á biblioteca coa preocupación de devolvelos dentro do prazo establecido.

O prazo de devolución dos préstamos de todas as bibliotecas da rede de Galicia ampliouse ata o xoves 11 de xuño para outorgar máis tempo aos usuarios/as e facilitar a devolución escalonada nos centros.

A continuación explicámosvos como proceder coas devolucións a partir de agora.

Cando só vas devolver os materiais:

Se na túa vindeira visita á biblioteca só queres devolver materiais e non vas levar outros en préstamo agradecémosche que os deposites no buzón de devolucións que se atopa na porta principal, tanto se os materiais son da sección xuvenil/adultos coma se son da sección infantil/bebeteca. Ao final de cada xornada (mañá e tarde) realizaremos todas as devolucións de maneira conxunta.

Lembra que o buzón está dispoñible todos os días durante as 24 horas, polo que se vives preto da biblioteca podes aproveitar o teu paseo diario ou o desprazamento á farmacia, ao supermercado… para depositar os materiais no buzón.

Cando vas levar novos materiais en préstamo:

Neste caso é preciso que realicemos as devolucións ao momento para que o sistema nos permita realizarche novos préstamos.

Sección xuvenil/adultos: as devolucións realizaranse no mostrador pequeno que está entrando á dereita. Deste xeito os libros e outros documentos quedan xa en corentena neste espazo e non pasan á sala xeral, minimizando así o risco de contaxio.

Tras facer a devolución neste mostrador terás que desinfectar as mans ou as luvas que leves postas antes de entrar na sala. Lembra que o máis recomendable é traer sempre máscara cubrebocas.

Sección infantil/bebeteca: Ao non dispoñer de dous mostradores e ser imposible centralizar as devolucións nun só punto agradecémosche que, na medida do posible, acodas primeiro á entrada da sala de adultos/as para facer a devolución. Deste xeito xa evitamos introducir materiais potencialmente contaminados na sala infantil.

 

En vindeiras publicacións explicarémosvos como proceder co servizo de préstamo.

 

 

Etiquetas: 
Devolucións
Buzón
COVID-19
Desconfinamento

Séguenos en:

  • Facebook
  • Twitter
  • Blog

Horario de apertura

 

Horario habitual de inverno:

SALA ADULTOS/AS:

  ► Luns a venres de 9:30 a 13:30 e de 16:00 a 21:00.

  ► Sábados de 10:00 a 13:00.

 

SALA INFANTIL:

  ► Luns a venres de 17:00 a 20:00.

  ► Sábados de 10:00 a 13:00.

 

A ATENCIÓN AO PÚBLICO E A SALA DE INFORMÁTICA SUSPÉNDENSE 15 MINUTOS ANTES DA HORA DE PECHE.

 

Biblioteca Pública Municipal de Narón.

R/ 25 de Xullo, s/n - 15570 - Narón, A Coruña

biblioteca.central@naron.gal

Teléfono: 981 38 21 73 

Galería imaxes

Ver máis imaxes

Concello de Narón

Este é un portal web do Concello de Narón, que cumpre as normas de accesibilidade no seu estándar WAI-A. Trátase dun servizo público dixital para facilitar a interacción coa nosa Biblioteca Municipal.

  • Política de Privacidade
  • Aviso legal
  • Cookies
  • Accesibilidade
  • Acceso corporativo

URL:https://biblioteca.naron.gal/gl/catalogo/post/devoluci%C3%B3ns-dos-materiais-tras-o-confinamento