Narón - Portal Biblioteca
Publicado en Narón - Portal Biblioteca (https://biblioteca.naron.gal)

Inicio > Servizo de informática e Internet

Servizo de informática e Internet

martes, 26 de Maio de 2020

A partir do 1 de xuño volvemos prestar este servizo.

A partir do luns 1 de xuño a biblioteca volve ofrecer o servizo de conexión a Internet na segunda planta. Para poder prestar este servizo coa máxima seguridade para as persoas usuarias establécense unha serie de obrigas e recomendacións:

► É obrigatorio desinfectar as mans (ou as luvas no caso de traelas postas) antes de entrar na sala. Para iso facilitaremos unha solución hidroalcólica na entrada da biblioteca.

► Por favor, entra, desprázate e sae da sala con cubrebocas. Podes retiralo só mentres permanezas sentado/a no equipo asignado.

► É recomendable non levar enriba máis que o indispensable (non pasar con bolsas da compra, con xoguetes, paraugas…).

► Todas as persoas deberán gardar a distancia de dous metros de separación entre elas. O persoal asignará os equipos informáticos de xeito que se garantice esta separación.

► Os usuarios/as do servizo só poderán facer uso do equipo que se lles asigne. Se precisan acceder a calquera outro material da sala deberán solicitalo ao persoal.

 

O procedemento para a utilización dos equipos será o habitual:

Para a utilización do servizo será necesario vir provisto/a do carné da rede de bibliotecas de Galicia. Para o caso de persoas que veñan de paso valerá con que presenten o DNI.

No caso de menores de 14 anos, requirirase unha autorización asinada polo pai/nai/titor legal para a utilización do servizo.

Cada persoa deberá solicitar un equipo no mostrador central, onde se lle entregará unha tarxeta co número do equipo que se lle asigna. A tarxeta deberá colocarse nun lugar ben visible durante a súa utilización.

Como medida excepcional non haberá límite de tempo de utilización dos equipos.

Unha vez finalizada a súa sesión os usuarios/as  deberán devolver a tarxeta ao mostrador central.

 

Coma sempre, serán deberes das persoas usuarias:

  • Contribuír ao coidado e conservación das instalacións e equipos.
  • Notificar ao persoal as anomalías que detecten nos equipos, tanto de hardware como de software.
  • Facilitar a actividade de supervisión.
  • Respectar as indicacións que reciban do persoal respecto ao funcionamento da aula e ao uso dos seus equipos.
  • Contribuír ao mantemento da orde na aula.
  • Non fumar ni consumir ningún tipo de alimento ou bebida, así como non facer uso de teléfonos móbiles.

 

IMPORTANTE: Como norma xeral non se poderán usar os aseos. Es caso de máxima necesidade deberá solicitarse o acceso ao persoal para asegurar a súa desinfección tras o uso.

 

 

 

Etiquetas: 
Internet
Informática

Séguenos en:

  • Facebook
  • Twitter
  • Blog

Horario de apertura

 

Horario habitual de inverno:

SALA ADULTOS/AS:

  ► Luns a venres de 9:30 a 13:30 e de 16:00 a 21:00.

  ► Sábados de 10:00 a 13:00.

 

SALA INFANTIL:

  ► Luns a venres de 17:00 a 20:00.

  ► Sábados de 10:00 a 13:00.

 

A ATENCIÓN AO PÚBLICO E A SALA DE INFORMÁTICA SUSPÉNDENSE 15 MINUTOS ANTES DA HORA DE PECHE.

 

Biblioteca Pública Municipal de Narón.

R/ 25 de Xullo, s/n - 15570 - Narón, A Coruña

biblioteca.central@naron.gal

Teléfono: 981 38 21 73 

Galería imaxes

Ver máis imaxes

Concello de Narón

Este é un portal web do Concello de Narón, que cumpre as normas de accesibilidade no seu estándar WAI-A. Trátase dun servizo público dixital para facilitar a interacción coa nosa Biblioteca Municipal.

  • Política de Privacidade
  • Aviso legal
  • Cookies
  • Accesibilidade
  • Acceso corporativo

URL:https://biblioteca.naron.gal/gl/catalogo/post/servizo-de-inform%C3%A1tica-e-internet