Narón - Portal Biblioteca
Publicado en Narón - Portal Biblioteca (https://biblioteca.naron.gal)

Inicio > Se os contos puidesen contar

Se os contos puidesen contar

Data: 
sábado, 10 de Outubro de 2020
Lugar: 
Biblioteca Pública Municipal de Narón

Contacontos infantil con Fátima Fernández

Este sábado 10 de outubro ás 11:00 da mañá retomamos as actividades infantís do programa Biblioespazo 2020 que levaba suspendido dende marzo pola Covid19.

Nesta ocasión a contacontos Fátima Fernández ofrece ao público infantil (a partir de 3 anos) e familiar o seu espectáculo Se os contos puidesen contar… unha actividade para preguntármonos que pasaría se os libros de contos decidisen que eles tamén queren inventar as súas historias, que os textos que teñen “tatuados” non lles valen, que as ilustracións contan outras cousas.

Para participar nesta actividade:

  ♦ Os nenos e nenas deben ter o carné da rede de bibliotecas sen sancións pendentes.

  ♦ É imprescindible reservar praza a partir do martes 6 de outubro na sala de adultos/as ou chamando ao 981382173 en horario de apertura.

 

IMPORTANTE:

  • Por razóns de seguridade todos os nenos e nenas teñen que quedar acompañados/as dunha persoa adulta.
  • Por favor, agardade no exterior ata ser chamados/as gardando a debida distancia de seguridade co resto das persoas. Unha traballadora da biblioteca estará pendente da vosa chegada e organizará a vosa entrada para facela de maneira segura.
  • O espazo na sala de actividades estará disposto para cumprir con todas as medidas de seguridade (ventilación, desinfección, distancia de seguridade).
  • Lembrade que as persoas a partir de 6 anos deben levar posta a máscara en todo momento.

 

 

 

Séguenos en:

  • Facebook
  • Twitter
  • Blog

Horario de apertura

 

Horario habitual de inverno:

SALA ADULTOS/AS:

  ► Luns a venres de 9:30 a 13:30 e de 16:00 a 21:00.

  ► Sábados de 10:00 a 13:00.

 

SALA INFANTIL:

  ► Luns a venres de 17:00 a 20:00.

  ► Sábados de 10:00 a 13:00.

 

A ATENCIÓN AO PÚBLICO E A SALA DE INFORMÁTICA SUSPÉNDENSE 15 MINUTOS ANTES DA HORA DE PECHE.

 

Biblioteca Pública Municipal de Narón.

R/ 25 de Xullo, s/n - 15570 - Narón, A Coruña

biblioteca.central@naron.gal

Teléfono: 981 38 21 73 

Galería imaxes

Ver máis imaxes

Concello de Narón

Este é un portal web do Concello de Narón, que cumpre as normas de accesibilidade no seu estándar WAI-A. Trátase dun servizo público dixital para facilitar a interacción coa nosa Biblioteca Municipal.

  • Política de Privacidade
  • Aviso legal
  • Cookies
  • Accesibilidade
  • Acceso corporativo

URL:https://biblioteca.naron.gal/gl/actividades/eventos/se-os-contos-puidesen-contar