Narón - Portal Biblioteca
Publicado en Narón - Portal Biblioteca (https://biblioteca.naron.gal)

Inicio > Campaña de recollida de libros infantís e xuvenís

Campaña de recollida de libros infantís e xuvenís

venres, 27 de Novembro de 2020

A biblioteca colabora co Centro de recursos solidarios de Narón para que ningún neno nin nena quede sen un libro este Nadal

O Concello de Narón iniciou o pasado martes 24 de novembro unha campaña de adquisición de xoguetes para as familias con menos recursos para que ningún neno e ningunha nena do noso concello queden sen agasallo de Reis (máis información neste enlace:  Campaña Nadal [1])

Paralelamente a Biblioteca de Narón organiza unha campaña de recollida de libros para que, ademáis dos xoguetes, os nenos e nenas de Narón atopen na súa árbore de Nadal un conto infantil ou xuvenil adaptado á súa idade.

Se tedes na casa libros en bo estado que xa non usades e queredes colaborar con esta campaña podedes facer a entrega entre o luns 30 de novembro e o sábado 12 de decembro na Biblioteca central do Alto durante o seu horario de apertura (de luns a venres de 9:30 a 13:30 e de 16:00 a 21:00 e sábados de 10:00 a 13:00).

Os contos donados, que deberán estar en perfecto estado e sen marcas, serán clasificados por idades polo persoal da biblioteca e entregados ao Centro de Recursos Solidarios, que xestionará a súa entrega ás familias. Por razóns organizativas só se recollerán libros infantís e xuvenís.

Moitas grazas a todos e todas pola vosa colaboración!

 

 

Etiquetas: 
Centro de recursos solidarios de Narón
Donacións
Nadal
Solidariedade

Séguenos en:

  • Facebook
  • Twitter
  • Blog

Horario de apertura

 

Horario habitual de inverno:

SALA ADULTOS/AS:

  ► Luns a venres de 9:30 a 13:30 e de 16:00 a 21:00.

  ► Sábados de 10:00 a 13:00.

 

SALA INFANTIL:

  ► Luns a venres de 17:00 a 20:00.

  ► Sábados de 10:00 a 13:00.

 

A ATENCIÓN AO PÚBLICO E A SALA DE INFORMÁTICA SUSPÉNDENSE 15 MINUTOS ANTES DA HORA DE PECHE.

 

Biblioteca Pública Municipal de Narón.

R/ 25 de Xullo, s/n - 15570 - Narón, A Coruña

biblioteca.central@naron.gal

Teléfono: 981 38 21 73 

Galería imaxes

Ver máis imaxes

Concello de Narón

Este é un portal web do Concello de Narón, que cumpre as normas de accesibilidade no seu estándar WAI-A. Trátase dun servizo público dixital para facilitar a interacción coa nosa Biblioteca Municipal.

  • Política de Privacidade
  • Aviso legal
  • Cookies
  • Accesibilidade
  • Acceso corporativo

URL:https://biblioteca.naron.gal/gl/catalogo/post/campa%C3%B1a-de-recollida-de-libros-infant%C3%ADs-e-xuven%C3%ADs

Ligazóns
[1] http://www.naron.es/web/cat/web/cat/gal/noticias/get/4046/