Narón - Portal Biblioteca
Publicado en Narón - Portal Biblioteca (https://biblioteca.naron.gal)

Inicio > Lectura Fácil

Lectura Fácil

luns, 30 de Novembro de 2020

Unha nova sección na biblioteca

A partir deste mes de decembro de 2020 creamos un novo centro de interese na biblioteca, a sección de Lectura Fácil.

Que é a Lectura Fácil?

A lectura fácil é a adaptación de libros, documentos administrativos, páxinas web, etc que permite unha lectura e unha comprensión máis sinxela dun contido eliminando barreiras para a comprensión, a aprendizaxe e a participación.

Esta adaptación faise segundo as directrices internacionais da IFLA (Federación Internacional de asociacións e institucións bibliotecarias) e de Inclusion Europe en canto á linguaxe, o contido e a forma.

A Asociación Lectura Fácil revisa a adaptación destes materiais e os valida co logo LF.

A quen vai dirixida?

Diríxese a todas as persoas, especialmente a aquelas que teñen dificultades lectoras, xa sexan:

 ► transitorias (poboación inmigrante que non fala as nosas linguas, persoas con incorporación tardía á lectura, escolarización deficiente…) ou

 ► permanentes (persoas con trastornos da aprendizaxe, con diversidade funcional, senilidade, discapacidade auditiva…)

Por que é necesaria a Lectura Fácil?
  • Porque o acceso á lectura e á información é un dereito e unha necesidade social.
  • Porque ler permite compartir ideas, pensamentos e experiencias.
  • Porque moitos textos teñen un exceso de tecnicismos, sintaxe complexa e presentación pouco clara.
  • Porque máis do 30% da poboación ten dificultades lectoras.
Sección Lectura Fácil

A biblioteca inaugura este novo centro de interese, que estará ubicado na planta baixa da sección de adultos/as.

Esta sección estará conformada por materiais co código LF co que a Asociación Lectura Fácil valida os documentos unha vez revisados e adaptados.

Colección "Tú puedes" coa que inauguramos esta sección.

 

 

Etiquetas: 
Lectura Fácil
Discapacidade

Séguenos en:

  • Facebook
  • Twitter
  • Blog

Horario de apertura

 

Horario habitual de inverno:

SALA ADULTOS/AS:

  ► Luns a venres de 9:30 a 13:30 e de 16:00 a 21:00.

  ► Sábados de 10:00 a 13:00.

 

SALA INFANTIL:

  ► Luns a venres de 17:00 a 20:00.

  ► Sábados de 10:00 a 13:00.

 

A ATENCIÓN AO PÚBLICO E A SALA DE INFORMÁTICA SUSPÉNDENSE 15 MINUTOS ANTES DA HORA DE PECHE.

 

Biblioteca Pública Municipal de Narón.

R/ 25 de Xullo, s/n - 15570 - Narón, A Coruña

biblioteca.central@naron.gal

Teléfono: 981 38 21 73 

Galería imaxes

Ver máis imaxes

Concello de Narón

Este é un portal web do Concello de Narón, que cumpre as normas de accesibilidade no seu estándar WAI-A. Trátase dun servizo público dixital para facilitar a interacción coa nosa Biblioteca Municipal.

  • Política de Privacidade
  • Aviso legal
  • Cookies
  • Accesibilidade
  • Acceso corporativo

URL:https://biblioteca.naron.gal/gl/catalogo/post/lectura-f%C3%A1cil