Narón - Portal Biblioteca
Publicado en Narón - Portal Biblioteca (https://biblioteca.naron.gal)

Inicio > Os libros máis prestados en 2020

Os libros máis prestados en 2020

mércores, 23 de Decembro de 2020

Clasificación das obras máis prestadas na nosa biblioteca durante este ano

Presentámosvos a lista dos libros máis prestados na nosa biblioteca durante este ano 2020.

O primeiro posto está ocupado por Las trampas del afecto, a decimosegunda entrega da saga de novela negra Anders Knutas, da escritora sueca Mari Jungstedt.

Coma todos os anos, o lanzamento das novelas gañadora e finalista do Premio Planeta espertou moito interese nas persoas usuarias da biblioteca. Esto fai que atopemos no segundo lugar da lista a novela gañadora da edición 2019, Terra Alta, de Javier Cercas.

Ocupa o terceiro posto da lista El hijo del italiano, do escritor e xornalista catalán Rafel Nadal. Esta obra foi distinguida co Premio Ramon Llull, o galardón máis recoñecido das letras catalanas.

A cuarta novela da clasificación lévanos de volta ao xénero de misterio e intriga. A escritora Dolores Redondo sitúa a acción de La cara norte del corazón moito antes dos feitos que acontecen na súa exitosa Triloxía do Baztán para presentarnos á súa protagonista cando aínda era unha mociña.

Sen deixar o xénero negro chegamos ao quinto posto da nosa lista. La cadena, do escritor norirlandés Adrian McKinty é unha novela de terror psicolóxico na que unha muller ten que romper cunha cadea de crimes.

Jonh Grisham converte en superventas todas as novelas que publica. Moitas delas son ademáis adaptadas ao cine, favorecendo aínda máis a súa popularización. A finais de 2018 publicou unha novela do xénero que máis domina, a ficción legal. Ajuste de cuentas foi a sexta obra máis prestada na biblioteca o pasado ano.

No séptimo lugar da lista atopamos a terceira novela de Rosario Raro, Desaparecida en Siboney, unha trama que nos fai viaxar á Cuba colonial de finais do século XIX para resolver unha intriga familiar.

A naronesa Finy Sesmonde ocupou o primeiro posto dos libros máis prestados na biblioteca no ano 2018 coa súa primeira novela Gotas de rocío, copos de nieve. Desta volta aparece no oitavo lugar da clasificación con Fluyendo como el agua, obra na que recupera á protagonista da novela anterior para continuar coa súa historia.

En novembro de 2020 saiu á venta Rey blanco (terceira entrega da saga Antonia Scott, de Juan Gómez-Jurado). Se ben non tivo tempo de coverterse nun dos libros máis prestados do ano, si espertou unha expectación que fixo que Loba negra, a novela inmediatamente anterior, se colocase no noveno posto da lista.

Pecha a clasificación El latido de la tierra, de Luz Gabás, unha novela que a pesar de ter tamén unha trama de intriga pon un punto de romanticismo a esta lista.

Esperamos que esta clasificación vos sirva de inspiración para elexir as vosas vindeiras lecturas!

 

 

Etiquetas: 
Préstamos
Seleccións

Séguenos en:

  • Facebook
  • Twitter
  • Blog

Horario de apertura

 

Horario habitual de inverno:

SALA ADULTOS/AS:

  ► Luns a venres de 9:30 a 13:30 e de 16:00 a 21:00.

  ► Sábados de 10:00 a 13:00.

 

SALA INFANTIL:

  ► Luns a venres de 17:00 a 20:00.

  ► Sábados de 10:00 a 13:00.

 

A ATENCIÓN AO PÚBLICO E A SALA DE INFORMÁTICA SUSPÉNDENSE 15 MINUTOS ANTES DA HORA DE PECHE.

 

Biblioteca Pública Municipal de Narón.

R/ 25 de Xullo, s/n - 15570 - Narón, A Coruña

biblioteca.central@naron.gal

Teléfono: 981 38 21 73 

Galería imaxes

Ver máis imaxes

Concello de Narón

Este é un portal web do Concello de Narón, que cumpre as normas de accesibilidade no seu estándar WAI-A. Trátase dun servizo público dixital para facilitar a interacción coa nosa Biblioteca Municipal.

  • Política de Privacidade
  • Aviso legal
  • Cookies
  • Accesibilidade
  • Acceso corporativo

URL:https://biblioteca.naron.gal/gl/catalogo/post/os-libros-m%C3%A1is-prestados-en-2020