Narón - Portal Biblioteca
Publicado en Narón - Portal Biblioteca (https://biblioteca.naron.gal)

Inicio > Día de Rosalía de Castro 2021

Día de Rosalía de Castro 2021

xoves, 4 de Febreiro de 2021
A lectura pública da obra de Rosalía de Castro nas pasadas edicións

Lectura da obra de Rosalía dende os nosos fogares

Cada 24 de febreiro conmemórase en Galicia o Día de Rosalía coincidindo coa data de nacemento en 1837 da nosa poeta máis internacional.

A Biblioteca Pública Municipal de Narón súmase cada ano á proposta da Asociación de escritoras e escritores en lingua galega [1] de celebrar esta data coa lectura pública da súa obra. Así, o sábado máis preto do 24 de febreiro organizamos un acto no que nenos, nenas, mulleres e homes len en público fragmentos da obra de Rosalía de Castro.

Este ano as restriccións derivadas da situación sanitaria impídennos celebrar o Día de Rosalía como tradicionalmente vimos facendo. Ante a imposibilidade de facelo coma sempre, xuntándonos para homenaxear á nosa poeta, queremos reunirvos de maneira virtual.

Animámosvos a gravar un vídeo lendo un poema ou calquera fragmento da obra de Rosalía de Castro. Despois faremos unha composición que recolla todas as vosas participacións e que será publicada na nosa canle de Youtube.

Quen pode participar?

Persoas de todas as idades que queiran unirse á homenaxe.

Como facelo?

Elexide un poema ou calquera fragmento da obra de Rosalía de Castro e gravádevos léndoo.

Indicacións:

► Gravade o vídeo preferiblemente en horizontal.

► Intentade que non haxa ruido de fondo (tampoco poñades música na gravación).

► Elexide un poema ou fragmento curto para que o vídeo non sobrepase os 40 segundos de duración.

► Enviade o vídeo a biblioteca.central@naron.es [2] entre o luns 8 e o sábado 20 de febreiro (incluídos) indicando na mensaxe o nome da/s persoa/s participante/s.

 

O vídeo conxunto con todas as vosas participacións será publicado o sábado 27 de febreiro na nosa canle de Youtube [3] e compartido nas nosas contas de Facebook [4] e Twitter. [5]

 

 

 

Etiquetas: 
Día de Rosalía
Rosalía de Castro
lectura pública
Vídeos

Séguenos en:

  • Facebook
  • Twitter
  • Blog

Horario de apertura

 

Horario de verán (21 de xuño a 6 de setembro)

SALA ADULTOS/AS:

  ► Mañás: de martes a venres de 9:00 a 14:00.

  ► Tardes: luns e mércores de 18:00 a 21:00.

SALA INFANTIL:

  ► Mañás: de martes a venres de 10:00 a 13:00.

  ► Tardes: luns e mércores de 18:00 a 21:00.

 

A ATENCIÓN AO PÚBLICO E A SALA DE INFORMÁTICA SUSPÉNDENSE 15 MINUTOS ANTES DA HORA DE PECHE.

 

Biblioteca Pública Municipal de Narón.

R/ 25 de Xullo, s/n - 15570 - Narón, A Coruña

biblioteca.central@naron.gal

Teléfono: 981 38 21 73 

Galería imaxes

Ver máis imaxes

Concello de Narón

Este é un portal web do Concello de Narón, que cumpre as normas de accesibilidade no seu estándar WAI-A. Trátase dun servizo público dixital para facilitar a interacción coa nosa Biblioteca Municipal.

  • Política de Privacidade
  • Aviso legal
  • Cookies
  • Accesibilidade
  • Acceso corporativo

URL:https://biblioteca.naron.gal/gl/catalogo/post/d%C3%ADa-de-rosal%C3%ADa-de-castro-2021

Ligazóns
[1] https://axendacultural.aelg.gal/2021/02/04/dia-de-rosalia-2021/ [2] mailto:biblioteca.central@naron.es [3] https://www.youtube.com/channel/UCe0yooFO2UQ9D0vN0f6NboA [4] https://es-es.facebook.com/bpmdenaron/ [5] https://twitter.com/bibliotecanaron?lang=es