Narón - Portal Biblioteca
Publicado en Narón - Portal Biblioteca (https://biblioteca.naron.gal)

Inicio > Día internacional das bibliotecas 2021

Día internacional das bibliotecas 2021

venres, 15 de Outubro de 2021

Ven celebrar con nós o día máis importante do ano, o Día internacional das bibliotecas

Dende 1997, cada 24 de outubro conmemórase o Día Internacional das Bibliotecas. A proposta xurdiu da Asociación Española de Amigos del Libro Infantil y Juvenil, apoiada polo Ministerio de Cultura, en recordo da destrución da Biblioteca de Saraxevo, incendiada en 1992 durante o conflito balcánico.

Este sábado 23 sacamos a biblioteca de Narón á rúa para celebrar o seu día grande. Estaremos na Praza de Galicia de 11:00 a 14:00 e de 16:30 a 20:00 para a dinamización do noso servizo de dúas maneiras:

 
Dándovos información:

Este ano por mor dos condicionantes derivados da Covid19 non exporemos os materiais da biblioteca como prensa, revistas, material librario e audiovisual, boletíns de novidades… Porén, haberá fotografías das nosas actividades e paneis informativos.

Por suposto tamén podedes consultar todas as vosas dúbidas co persoal da biblioteca que vai estar presente durante toda a xornada.

 

Ofrecéndovos varios espectáculos:

Ás 11:30 Os tres porquiños. Contacontos para bebés a cargo de Migallas teatro.

Ás 13:00 Galiza máxica. Contacontos para público infantil e familiar. A cargo de Marta Ortiz.

Ás 17:00 Obradoiro de ilustración para todas as idades a cargo de Leandro Lamas.

Ás 18:30 Concerto As miñas mans de Pablo Díaz.

 

Inscricións:

É necesaria unha inscrición previa nas actividades. As persoas que queirades reservar a vosa praza podedes facelo a partir do luns 18 de outubro ás 9:30 horas de maneira presencial na propia biblioteca ou chamando ao 981382173 en horario de apertura.

 

Medidas de seguridade:

Todas as persoas asistentes deberán permanecer co cubrebocas posto en todo momento (agás os/as menores de 6 anos, para quen é opcional).

Será obrigatoria a desinfección das mans cunha solución hidroalcólica que se facilitará á entrada da carpa.

A entrada e saída na carpa farase de maneira organizada por unidades de convivencia.

As cadeiras estarán colocadas respectando a distancia de seguridade entre persoas (agrupadas por unidades de convivencia) e serán debidamente desinfectadas entre unha actividade e a seguinte. 

No caso de quedar prazas dispoñibles para calquera das actividades poderán ocuparse polas persoas que se acheguen ese mesmo día á Praza de Galicia previo rexistro dos seus datos (nome completo e número de teléfono de contacto).

 

 

Etiquetas: 
Día internacional da biblioteca
Biblioespazo 2021
Actividades
Música
Contacontos
Obradoiros

Séguenos en:

  • Facebook
  • Twitter
  • Blog

Horario de apertura

 

Horario habitual de inverno:

SALA ADULTOS/AS:

  ► Luns a venres de 9:30 a 13:30 e de 16:00 a 21:00.

  ► Sábados de 10:00 a 13:00.

 

SALA INFANTIL:

  ► Luns a venres de 17:00 a 20:00.

  ► Sábados de 10:00 a 13:00.

 

A ATENCIÓN AO PÚBLICO E A SALA DE INFORMÁTICA SUSPÉNDENSE 15 MINUTOS ANTES DA HORA DE PECHE.

 

Biblioteca Pública Municipal de Narón.

R/ 25 de Xullo, s/n - 15570 - Narón, A Coruña

biblioteca.central@naron.gal

Teléfono: 981 38 21 73 

Galería imaxes

Ver máis imaxes

Concello de Narón

Este é un portal web do Concello de Narón, que cumpre as normas de accesibilidade no seu estándar WAI-A. Trátase dun servizo público dixital para facilitar a interacción coa nosa Biblioteca Municipal.

  • Política de Privacidade
  • Aviso legal
  • Cookies
  • Accesibilidade
  • Acceso corporativo

URL:https://biblioteca.naron.gal/gl/catalogo/post/d%C3%ADa-internacional-das-bibliotecas-2021