Narón - Portal Biblioteca
Publicado en Narón - Portal Biblioteca (https://biblioteca.naron.gal)

Inicio > Día de Rosalía de Castro 2022

Día de Rosalía de Castro 2022

xoves, 3 de Febreiro de 2022

Lectura da obra de Rosalía de Castro

Ata o de agora conmemorabamos en Galicia o Día de Rosalía cada 24 de febreiro, data que se estimaba coma a do nacemento da nosa poeta máis internacional.

Tras a aparición de nova documentación que acredita que Rosalía de Castro naceu o 23 de febreiro de 1837, a Xunta acordou mudar a data de celebración do Día de Rosalía para este día.

A Biblioteca Pública Municipal de Narón súmase cada ano á proposta da Asociación de escritores e escritoras en lingua galega [1] de celebrar esta data coa lectura pública da súa obra. Tradicionalmente organizabamos no sábado máis preto ao 24 de febreiro un acto no que nenos, nenas, mulleres e homes lían en público fragmentos da obra de Rosalía de Castro.

O pasado ano as restricións derivadas da situación sanitaria impedíronnos celebrar o Día de Rosalía como tradicionalmente viñamos facendo. Ante a imposibilidade de facelo coma sempre, xuntándonos para homenaxear á nosa poeta, reunímonos de maneira virtual.

Neste ano 2022 queremos repetir esta experiencia que tanto éxito tivo o pasado ano. É por iso que vos animamos a gravar un vídeo lendo un poema ou calquera fragmento da obra de Rosalía de Castro. Despois faremos unha composición que recolla todas as vosas participacións e que será publicada na nosa canle de Youtube.

 

Quen pode participar?

Persoas de todas as idades que queiran unirse á homenaxe.

Como facelo?

Elexide un poema ou calquera fragmento da obra de Rosalía de Castro e gravádevos léndoo.

Indicacións:

• Gravade o vídeo preferiblemente en horizontal.

• Intentade que non haxa moito ruido de fondo (tampoco poñades música na gravación).

• Elexide un poema ou fragmento curto para que o vídeo non sobrepase os 40 segundos de duración.

• Enviade o vídeo a biblioteca.central@naron.es [2] entre o mércores 9 e o sábado 19 de febreiro (incluídos) indicando na mensaxe o nome da/s persoa/s participante/s.

 

O vídeo conxunto con todas as vosas participacións será publicado o mércores 23 de febreiro na nosa canle de Youtube e compartido nas nosas contas de Facebook, Twitter e Instagram.

Podedes ver o vídeo de 2021 premendo neste enlace: Día de Rosalía 2021. [3]

 

 

Etiquetas: 
Día de Rosalía
lectura pública
Homenaxes
Biblioespazo 2022

Séguenos en:

  • Facebook
  • Twitter
  • Blog

Horario de apertura

 

Horario de verán (21 de xuño a 6 de setembro)

SALA ADULTOS/AS:

  ► Mañás: de martes a venres de 9:00 a 14:00.

  ► Tardes: luns e mércores de 18:00 a 21:00.

SALA INFANTIL:

  ► Mañás: de martes a venres de 10:00 a 13:00.

  ► Tardes: luns e mércores de 18:00 a 21:00.

 

A ATENCIÓN AO PÚBLICO E A SALA DE INFORMÁTICA SUSPÉNDENSE 15 MINUTOS ANTES DA HORA DE PECHE.

 

Biblioteca Pública Municipal de Narón.

R/ 25 de Xullo, s/n - 15570 - Narón, A Coruña

biblioteca.central@naron.gal

Teléfono: 981 38 21 73 

Galería imaxes

Ver máis imaxes

Concello de Narón

Este é un portal web do Concello de Narón, que cumpre as normas de accesibilidade no seu estándar WAI-A. Trátase dun servizo público dixital para facilitar a interacción coa nosa Biblioteca Municipal.

  • Política de Privacidade
  • Aviso legal
  • Cookies
  • Accesibilidade
  • Acceso corporativo

URL:https://biblioteca.naron.gal/gl/catalogo/post/d%C3%ADa-de-rosal%C3%ADa-de-castro-2022

Ligazóns
[1] https://www.aelg.gal/ [2] mailto:biblioteca.central@naron.es [3] https://www.youtube.com/watch?v=8jgz0cQJvdU