Narón - Portal Biblioteca
Publicado en Narón - Portal Biblioteca (https://biblioteca.naron.gal)

Inicio > Proximamente: Club de Lectura Vital

Proximamente: Club de Lectura Vital

mércores, 10 de Decembro de 2014

Sodes moitos os usuarios/as que levades tempo demandando o establecemento dun club de lectura para adultos na nosa biblioteca. Durante o primeiro semestre de 2015 teredes por fin a oportunidade de participar nun.

Dende este momento estamos a recoller os datos de todas as persoas interesadas en formar un grupo que contará para a súa posta en marcha cun mínimo de 6 participantes e un máximo de 18.

COMO FUNCIONA:

  • As xuntanzas celebraranse unha vez ao mes durante hora e media, fixándose previamente as datas nas reunións.

  • Ofreceranse varios títulos de libros entre os cales os participantes escollerán o que máis atractivo lles resulte.

  • Todos os/as asistentes exporán os aspectos que lles resultasen máis relevantes sobre o libro, podendo xerar diversidade de opinións que resulten interesantes como puntos de vista.

  • Ao finalizar cada xuntanza adicarase un tempo a escoller o título do seguinte libro de lectura, que terá que ser lido antes da seguinte sesión.

CALES SON OS SEUS OBXECTIVOS:

  1. Fomentar a lectura.

  2. Establecer un vínculo entre persoas interesadas nun tema común.

  3. Aportar puntos de vista motivadores para observar a vida con optimismo e ir na busca da felicidade.

  4. Aumentar o crecemento e desenvolvemento persoal das persoas asistentes.

  5. Aprender con este tipo de lectura positiva a tomar decisións e facer cambios que serviran para sentirse máis felices, con máis enerxía e maior seguridade.

  6. Comunicarse asertivamente sendo capaces de expresar e pedir o que se quere (necesidades, desexos, dereitos que se teñen fronte aos demáis).

A QUEN VAI DIRIXIDO?

  • A calquera adulto/a que teña interese no desenvolvemento persoal e quera coñecerse mellor como persoa.

  • Persoas interesadas en relacionarse cos demáis e establecer conversa en torno a un tema común.

  • En xeral, calquera persoa que quera aumentar o seu crecemento persoal. 

DURACIÓN:

  • O Clube de Lectura terá unha duración de seis meses, de xaneiro a xuño.

  • A actividade desenvolverase unha vez ao mes, tras fixar previamente un día determinado para todos os meses. Terá unha duración de hora e media.

ASISTENTES:
O Club de Lectura poderase iniciar cun mínimo de 6 asistentes e un máximo de 18. Unha vez completado ese máximo establecerase unha lista de espera e non poderá inscribirse ninguén ata que algún dos seus membros se dese de baixa.

QUEN IMPARTE ESTE OBRADOIRO?
Sonia López Díaz:

  • Coach Profesional con certificación internacional polo Instituto Europeo de Coaching

  • Practitioner Coach en Programación Neurolinguística polo Instituto Europeo de PNL.

Se estás interesado/a en participar neste Club de Lectura podes preinscribirte na propia biblioteca, chamando por teléfono ao 981 382 173 ou enviando un correo a biblioteca.central@naron.es [1] cos teus datos: Nome e apelidos, teléfono e enderezo electrónico.

Unha vez formado un grupo suficiente para o establecemento do club poñerémonos en contacto contigo para concretar a data da primeira xuntanza.

Etiquetas: 
Biblioespazo 2015
Clube de lectura vital

Séguenos en:

  • Facebook
  • Twitter
  • Blog

Horario de apertura

 

Horario habitual de inverno:

SALA ADULTOS/AS:

  ► Luns a venres de 9:30 a 13:30 e de 16:00 a 21:00.

  ► Sábados de 10:00 a 13:00.

 

SALA INFANTIL:

  ► Luns a venres de 17:00 a 20:00.

  ► Sábados de 10:00 a 13:00.

 

A ATENCIÓN AO PÚBLICO E A SALA DE INFORMÁTICA SUSPÉNDENSE 15 MINUTOS ANTES DA HORA DE PECHE.

 

Biblioteca Pública Municipal de Narón.

R/ 25 de Xullo, s/n - 15570 - Narón, A Coruña

biblioteca.central@naron.gal

Teléfono: 981 38 21 73 

Galería imaxes

Ver máis imaxes

Concello de Narón

Este é un portal web do Concello de Narón, que cumpre as normas de accesibilidade no seu estándar WAI-A. Trátase dun servizo público dixital para facilitar a interacción coa nosa Biblioteca Municipal.

  • Política de Privacidade
  • Aviso legal
  • Cookies
  • Accesibilidade
  • Acceso corporativo

URL:https://biblioteca.naron.gal/gl/catalogo/post/proximamente-club-de-lectura-vital

Ligazóns
[1] http://biblioteca.central@naron.es