Narón - Portal Biblioteca
Publicado en Narón - Portal Biblioteca (https://biblioteca.naron.gal)

Inicio > “Xeitos”, exposición fotográfica do Grupo Bazán.

“Xeitos”, exposición fotográfica do Grupo Bazán.

venres, 29 de Abril de 2022

Do 3 ao 31 de maio na sala de exposicións da biblioteca.

A sala de exposicións da planta soto da biblioteca acolle novamente unha mostra, desta vez fotográfica. Dende o martes 3 e ata o martes 31 de maio poderedes visitar Xeitos, unha colección composta por 34 fotografías de 17 autores e autoras pertencentes ao Grupo Bazán.

O Grupo Bazán é unha entidade con máis de catro décadas de historia a favor da promoción do deporte e a cultura. A súa sección de fotografía naceu no ano 1994 para que persoas con inquedanzas nesta disciplina puideran compartir a súa paixón. Durante este tempo o grupo foi medrando e desenvolvendo actividades coma debates, cursos ou exposicións. Formou a numerosas persoas e difundiu a cultura fotográfica na comarca de Ferrolterra.

Os autores e autoras que participan na exposición Xeitos son:

Alejandro Martínez, Antonio Carrete, Bea Rodríguez, Carlos Cruz, Chus Villamar, David Souto, Fer Cendán, Fran Suárez, Gelis López, José Amigo, Luis Losada, Luz González, Marcos García, Miguel Llano, Mónica Lorenzo, Pablo Mauriz e Pepe Botella.

O horario de visitas da exposición é:

  • De luns a venres de 17:00 a 20:00 horas.
  • Sábados de 10:00 a 13:00 horas.

Para máis información deixámosvos enlaces a:

Web do Grupo Bazán [1].   

Blog da sección de fotografía do Grupo Bazán. [2]  

 

 

 

Etiquetas: 
Exposicións
Mostras
Fotografía
Biblioespazo 2022

Séguenos en:

  • Facebook
  • Twitter
  • Blog

Horario de apertura

 

Horario habitual de inverno:

SALA ADULTOS/AS:

  ► Luns a venres de 9:30 a 13:30 e de 16:00 a 21:00.

  ► Sábados de 10:00 a 13:00.

 

SALA INFANTIL:

  ► Luns a venres de 17:00 a 20:00.

  ► Sábados de 10:00 a 13:00.

 

A ATENCIÓN AO PÚBLICO E A SALA DE INFORMÁTICA SUSPÉNDENSE 15 MINUTOS ANTES DA HORA DE PECHE.

 

Biblioteca Pública Municipal de Narón.

R/ 25 de Xullo, s/n - 15570 - Narón, A Coruña

biblioteca.central@naron.gal

Teléfono: 981 38 21 73 

Galería imaxes

Ver máis imaxes

Concello de Narón

Este é un portal web do Concello de Narón, que cumpre as normas de accesibilidade no seu estándar WAI-A. Trátase dun servizo público dixital para facilitar a interacción coa nosa Biblioteca Municipal.

  • Política de Privacidade
  • Aviso legal
  • Cookies
  • Accesibilidade
  • Acceso corporativo

URL:https://biblioteca.naron.gal/gl/catalogo/post/%E2%80%9Cxeitos%E2%80%9D-exposici%C3%B3n-fotogr%C3%A1fica-do-grupo-baz%C3%A1n

Ligazóns
[1] https://www.grupobazan.es/ [2] https://fotografiagrupobazan.blogspot.com/