Narón - Portal Biblioteca
Publicado en Narón - Portal Biblioteca (https://biblioteca.naron.gal)

Inicio > Préstamo de libros electrónicos

Préstamo de libros electrónicos

luns, 20 de Outubro de 2014

Dende hoxe, luns 20 de outubro, os usuarios/as das bibliotecas públicas de Galicia tedes un novo servizo á vosa disposición:

O PRÉSTAMO DE LIBROS ELECTRÓNICOS

A plataforma “GaliciaLe” vai permitir xestionar estes préstamos a todas as persoas que teñan un carné de usuario/a dalgunha das bibliotecas públicas galegas, rede da que forma parte a Biblioteca Pública Municipal de Narón.

Para poder rexistrarvos na plataforma e empezar a disfrutar do servizo tedes que darvos de alta na web [1]. Alí indicaranvos como tedes que proceder se xa sodes usuarios dunha biblioteca pública ou se, pola contra, aínda non tedes o carné.

Unha vez rexistrados/as, podedes consultar o Manual de usuario/a [2] para empezar a facer uso do préstamo de libros electrónicos.

Para os usuarios/as da Biblioteca Pública Municipal de Narón:

  • Na plataforma teñen os datos das persoas que vos destes de alta ata o 13 de outubro de 2014 (incluído). Se o teu carné ten data de 14 de outubro de 2014 ou posterior e non es usuario/a doutra biblioteca pública, debes acudir ao mostrador de préstamo para que che tramitemos a alta na plataforma dende aquí.
  • Cando cubras cos teus datos o formulario de alta, lembra poñer os teus apelidos con todas as letras en maiúsculas (no campo do nome, só a inicial en maiúsculas).
Etiquetas: 
Ebooks
GaliciaLe
Libros electrónicos
Préstamos

Séguenos en:

  • Facebook
  • Twitter
  • Blog

Horario de apertura

 

Horario de verán (21 de xuño a 6 de setembro)

SALA ADULTOS/AS:

  ► Mañás: de martes a venres de 9:00 a 14:00.

  ► Tardes: luns e mércores de 18:00 a 21:00.

SALA INFANTIL:

  ► Mañás: de martes a venres de 10:00 a 13:00.

  ► Tardes: luns e mércores de 18:00 a 21:00.

 

A ATENCIÓN AO PÚBLICO E A SALA DE INFORMÁTICA SUSPÉNDENSE 15 MINUTOS ANTES DA HORA DE PECHE.

 

Biblioteca Pública Municipal de Narón.

R/ 25 de Xullo, s/n - 15570 - Narón, A Coruña

biblioteca.central@naron.gal

Teléfono: 981 38 21 73 

Galería imaxes

Ver máis imaxes

Concello de Narón

Este é un portal web do Concello de Narón, que cumpre as normas de accesibilidade no seu estándar WAI-A. Trátase dun servizo público dixital para facilitar a interacción coa nosa Biblioteca Municipal.

  • Política de Privacidade
  • Aviso legal
  • Cookies
  • Accesibilidade
  • Acceso corporativo

URL:https://biblioteca.naron.gal/gl/catalogo/post/pr%C3%A9stamo-de-libros-electr%C3%B3nicos

Ligazóns
[1] http://www.galiciale.es/ [2] http://galicia.ebiblio.es/preguntas-frecuentes/