Narón - Portal Biblioteca
Publicado en Narón - Portal Biblioteca (https://biblioteca.naron.gal)

Inicio > Presentación de "Hasta el infinito y más allá"

Presentación de "Hasta el infinito y más allá"

venres, 29 de Xullo de 2022

A naronesa María Isabel Ramos Breijo presenta o seu primeiro libro na biblioteca.

O mércores 3 de agosto ás 19:00 horas a sala multiusos da planta soto da biblioteca acollerá a presentación do libro Hasta el infinito y más allá, da escritora naronesa María Isabel Ramos Breijo.

O amor de Ramos Breijo pola literatura espertou na súa infancia coa lectura de obras de aventuras. Os seus intereses foron mudando na xuventude cara á novela negra sueca de autores/as como Camilla Läckberg, Henning Mankell e Stieg Larsson.

Comezou a publicar os seus primeiros relatos na revista Amigos de la poesía y la literatura de Narón e colaborou en diferentes talleres literarios entre os que destaca Pluma Encendida. O libro que nos presenta, Hasta el infinito y más allá, recolle vintetrés relatos curtos de temática diversa e está editado por Círculo Rojo. As ilustracións que acompañan os relatos son de Dolores Breijo Santiago e Sabela Castrillón Ramos, nai e sobriña respectivamente da autora.

O acto de presentación deste libro está aberto ao público en xeral ata esgotar o aforo dispoñible da sala.

 

 

Etiquetas: 
Presentación de libros
Estreas
Encontros con autores/as
Biblioespazo 2022

Séguenos en:

  • Facebook
  • Twitter
  • Blog

Horario de apertura

 

Horario habitual de inverno:

SALA ADULTOS/AS:

  ► Luns a venres de 9:30 a 13:30 e de 16:00 a 21:00.

  ► Sábados de 10:00 a 13:00.

 

SALA INFANTIL:

  ► Luns a venres de 17:00 a 20:00.

  ► Sábados de 10:00 a 13:00.

 

A ATENCIÓN AO PÚBLICO E A SALA DE INFORMÁTICA SUSPÉNDENSE 15 MINUTOS ANTES DA HORA DE PECHE.

 

Biblioteca Pública Municipal de Narón.

R/ 25 de Xullo, s/n - 15570 - Narón, A Coruña

biblioteca.central@naron.gal

Teléfono: 981 38 21 73 

Galería imaxes

Ver máis imaxes

Concello de Narón

Este é un portal web do Concello de Narón, que cumpre as normas de accesibilidade no seu estándar WAI-A. Trátase dun servizo público dixital para facilitar a interacción coa nosa Biblioteca Municipal.

  • Política de Privacidade
  • Aviso legal
  • Cookies
  • Accesibilidade
  • Acceso corporativo

URL:https://biblioteca.naron.gal/gl/catalogo/post/presentaci%C3%B3n-de-hasta-el-infinito-y-m%C3%A1s-all%C3%A1