Narón - Portal Biblioteca
Publicado en Narón - Portal Biblioteca (https://biblioteca.naron.gal)

Inicio > Exposición "Influir no global dende o local"

Exposición "Influir no global dende o local"

venres, 17 de Outubro de 2014

A nosa biblioteca acolle dende o 16 ao 30 de outubro a exposición itinerante Influir no global dende o local : as entidades locais galegas perante un mundo desigual e inxusto, pertencente ao Fondo Galego de Cooperación e Solidariedade.

Podedes visitar a exposición durante o noso horario de apertura habitual (consultade aquí [1]).

O Fondo Galego de Cooperación e Solidariedade [2] é unha asociación de Concellos e Deputacións de Galicia que, por medio do traballo en rede e co apoio institucional da Xunta de Galicia, leva 16 anos realizando proxectos de cooperación internacional, defendendo e promovendo os Dereitos Humanos Universais nos países menos desenvolvidos ou máis empobrecidos.

Coa exposición Influir no global dende o local preténdese poñer de manifesto o importante papel das entidades locais como axentes activos na cooperación internacional para o desenvolvemento.

Ante a pregunta “por que deben cooperar os concellos e deputacións galegas?” atopamos unha resposta de plena actualidade. Tal e como reza o panel número 4 “as nosas localidades tamén están no mundo global e neste mundo hai moitos problemas relacionados coa pobreza que non coñecen fronteiras. Un deles é a aparición e contaxio de enfermidades debido ás peores condicións de vida e atención sanitaria. Estas enfermidades poden convertirse en pandemias…”. Por desgraza, os recentes casos de ébola en España veñen a corroborar totalmente este punto.

A través dos 10 paneis que conforman a exposición veremos que accións e programas levan a cabo os nosos concellos e deputacións nos países menos desenvolvidos. Ademáis, o Fondo Galego de Cooperación e Solidariedade realiza actividades complementarias en Galiza como visitas, xornadas, estudos, funcións teatrais ou contacontos para a sensibilización da sociedade.


Teremos ocasión de disfrutar na nosa biblioteca de Contos coas mans abertas [3], unha sesión de contacontos con música en directo destinada ao público maior de 15 anos. Será o sábado 25 de outubro ás 11:00 da mañá e podedes reservar prazas para asistir a partir do luns 20 ás 16:00 horas, chamando ao 981 382 173 ou no mostrador de préstamo da biblioteca.

Etiquetas: 
Biblioespazo 2014
Exposicións
Fondo Galego de Cooperación e Solidariedade

Séguenos en:

  • Facebook
  • Twitter
  • Blog

Horario de apertura

 

Horario de verán (21 de xuño a 6 de setembro)

SALA ADULTOS/AS:

  ► Mañás: de martes a venres de 9:00 a 14:00.

  ► Tardes: luns e mércores de 18:00 a 21:00.

SALA INFANTIL:

  ► Mañás: de martes a venres de 10:00 a 13:00.

  ► Tardes: luns e mércores de 18:00 a 21:00.

 

A ATENCIÓN AO PÚBLICO E A SALA DE INFORMÁTICA SUSPÉNDENSE 15 MINUTOS ANTES DA HORA DE PECHE.

 

Biblioteca Pública Municipal de Narón.

R/ 25 de Xullo, s/n - 15570 - Narón, A Coruña

biblioteca.central@naron.gal

Teléfono: 981 38 21 73 

Galería imaxes

Ver máis imaxes

Concello de Narón

Este é un portal web do Concello de Narón, que cumpre as normas de accesibilidade no seu estándar WAI-A. Trátase dun servizo público dixital para facilitar a interacción coa nosa Biblioteca Municipal.

  • Política de Privacidade
  • Aviso legal
  • Cookies
  • Accesibilidade
  • Acceso corporativo

URL:https://biblioteca.naron.gal/gl/catalogo/post/exposici%C3%B3n-influir-no-global-dende-o-local

Ligazóns
[1] https://biblioteca.naron.gal/gl/catalogo/post/horario-de-inverno-partir-do-luns-15-de-setembro [2] http://www.fondogalego.org/web/ [3] https://biblioteca.naron.gal/gl/catalogo/post/contos-coas-mans-abertas