Narón - Portal Biblioteca
Publicado en Narón - Portal Biblioteca (https://biblioteca.naron.gal)

Inicio > A fuxida do bou Ramón

A fuxida do bou Ramón

xoves, 20 de Outubro de 2022

Exposición fotográfica da Asociación Memoria Histórica Democrática

A Biblioteca Pública Municipal de Narón acolle entre o martes 25 de outubro e o xoves 10 de novembro a exposición A fuxida do Bou Ramón, formada por fotografías que relatan a historia protagonizada por 27 republicanos que, en 1939, fuxiron nun barco pesqueiro dende Ares para atopar o camiño da súa salvación.

O xoves 27 de outubro ás 18:00 horas proxectarase o documental A fuxida do bou Ramón. A continuación as persoas responsables da Asociación Histórica Democrática farán unha visita guiada na que os/as asistentes poderán coñecer máis datos sobre estes feitos históricos.

A proxección seguida da visita guiada repetirase tamén os mércores 2 e 9 de novembro no mesmo horario. A participación está aberta ao público en xeral e non é necesaria unha inscrición previa.

Poderanse establecer visitas privadas para grupos en horario de mañá (entre as 10:00 e as 13:00 horas). Os centros, asociacións ou outras entidades interesadas deberán poñerse en contacto coa biblioteca no teléfono 981382173 ou no enderezo electrónico biblioteca.central@naron.es [1] para establecer a data e hora da súa visita.

O horario de visita libre da mostra será:

  • De luns a venres de 17:00 a 20:00 horas.
  • Sábados de 10:00 a 13:00 horas.

 

 

Etiquetas: 
Exposicións
Fotografía
Asociación Memoria Histórica Democrática
Biblioespazo 2022

Séguenos en:

  • Facebook
  • Twitter
  • Blog

Horario de apertura

 

Horario habitual de inverno:

SALA ADULTOS/AS:

  ► Luns a venres de 9:30 a 13:30 e de 16:00 a 21:00.

  ► Sábados de 10:00 a 13:00.

 

SALA INFANTIL:

  ► Luns a venres de 17:00 a 20:00.

  ► Sábados de 10:00 a 13:00.

 

A ATENCIÓN AO PÚBLICO E A SALA DE INFORMÁTICA SUSPÉNDENSE 15 MINUTOS ANTES DA HORA DE PECHE.

 

Biblioteca Pública Municipal de Narón.

R/ 25 de Xullo, s/n - 15570 - Narón, A Coruña

biblioteca.central@naron.gal

Teléfono: 981 38 21 73 

Galería imaxes

Ver máis imaxes

Concello de Narón

Este é un portal web do Concello de Narón, que cumpre as normas de accesibilidade no seu estándar WAI-A. Trátase dun servizo público dixital para facilitar a interacción coa nosa Biblioteca Municipal.

  • Política de Privacidade
  • Aviso legal
  • Cookies
  • Accesibilidade
  • Acceso corporativo

URL:https://biblioteca.naron.gal/gl/catalogo/post/fuxida-do-bou-ram%C3%B3n

Ligazóns
[1] mailto:biblioteca.central@naron.es