Narón - Portal Biblioteca
Publicado en Narón - Portal Biblioteca (https://biblioteca.naron.gal)

Inicio > Campaña de recollida de libros e obradoiro de empaquetado

Campaña de recollida de libros e obradoiro de empaquetado

luns, 5 de Decembro de 2022

A biblioteca colabora na campaña de recollida de xoguetes para o Centro de recursos solidarios de Narón e organiza a campaña de recollida de libros con obradoiros de empaquetado creativo.

O Concello ten en marcha ata 21 de decembro unha campaña de recollida de xoguetes para as familias con escasos recursos. A recollida está xestionada polo Centro de Recursos Solidarios de Narón que se encargará, coa axuda de persoas voluntarias, de clasificalos e envolvelos para seren entregados ás familias o día antes de Reis. A biblioteca é un dos puntos de entrega de xoguetes usados.

Máis información da campaña neste enlace. [1]

Paralelamente a Biblioteca de Narón organiza unha campaña de recollida de libros para que, ademais dos xoguetes, os nenos e nenas de Narón atopen na súa árbore de Nadal un conto infantil adaptado á súa idade.

Os libros poden entregarse ata o 19 de decembro na Biblioteca central do Alto de luns a venres de 9:30 a 13:30 e de 16:00 a 21:00 e sábados de 10:00 a 13:00.

Os contos donados, que deberán estar en perfecto estado e sen marcas, serán clasificados por idades polo persoal da biblioteca. O servizo organiza un obradoiro de empaquetado creativo para que as persoas maiores de 16 anos que así o desexen poidan participar envolvendo para agasallo estes contos. Este obradoiro levarase a cabo o martes 20 de decembro en dúas quendas:

  1) de 10:30 a 13:00.

  2) de 16:30 a 19:00.

Nestes intervalos horarios a chegada e a saída é libre e non será necesaria unha inscrición previa.

 

 

Etiquetas: 
Nadal
Centro de recursos solidarios de Narón
Obradoiros
agasallos
Biblioespazo 2022

Séguenos en:

  • Facebook
  • Twitter
  • Blog

Horario de apertura

 

Horario de verán (21 de xuño a 6 de setembro)

SALA ADULTOS/AS:

  ► Mañás: de martes a venres de 9:00 a 14:00.

  ► Tardes: luns e mércores de 18:00 a 21:00.

SALA INFANTIL:

  ► Mañás: de martes a venres de 10:00 a 13:00.

  ► Tardes: luns e mércores de 18:00 a 21:00.

 

A ATENCIÓN AO PÚBLICO E A SALA DE INFORMÁTICA SUSPÉNDENSE 15 MINUTOS ANTES DA HORA DE PECHE.

 

Biblioteca Pública Municipal de Narón.

R/ 25 de Xullo, s/n - 15570 - Narón, A Coruña

biblioteca.central@naron.gal

Teléfono: 981 38 21 73 

Galería imaxes

Ver máis imaxes

Concello de Narón

Este é un portal web do Concello de Narón, que cumpre as normas de accesibilidade no seu estándar WAI-A. Trátase dun servizo público dixital para facilitar a interacción coa nosa Biblioteca Municipal.

  • Política de Privacidade
  • Aviso legal
  • Cookies
  • Accesibilidade
  • Acceso corporativo

URL:https://biblioteca.naron.gal/gl/catalogo/post/campa%C3%B1a-de-recollida-de-libros-e-obradoiro-de-empaquetado-0

Ligazóns
[1] https://www.naron.es/web/cat/gal/novas/get/5414