Narón - Portal Biblioteca
Publicado en Narón - Portal Biblioteca (https://biblioteca.naron.gal)

Inicio > A por cogomelos!

A por cogomelos!

xoves, 16 de Outubro de 2014

Todos os anos entre os meses de outubro e de febreiro ou marzo podemos disfrutar da tempada de cogomelos nos nosos montes, fragas e bosques.
A recollida de cogomelos trascende de asunto puramente gastronómico a actividade lúdica e deportiva. 

Sodes moitos os que estades esperando o pistoletazo de saída da tempada para adicarvos a esta aficción que cada ano ten máis adeptos/as, xa que é acesible para persoas de todas as idades e case condicións físicas e ademáis pódese facer en familia.

Debemos ter en conta que non é unha tarefa exenta de riscos. Entre os moitísimos tipos de cogomelos que podemos atopar, hai algunhas especies tóxicas moi perigosas e mesmo mortais.
O recomendable é practicar sempre esta actividade acompañados/as dunha persoa coñecedora da materia e, en todo caso, non coller ningunha especie que non saibamos identificar sen ningún tipo de dúbida.
Para axudarvos no recoñecemento e identificación das especies de cogomelos temos algunhas GUÍAS na nosa biblioteca:

De Galicia:

  • O sabor da terra, de Helena Villar Janeiro. Editorial Galaxia, 2005.
  • Guía de cogomelos dunares do litoral atlántico galego, de José Manuel Castro Marcote. Edicións do Cumio, 2010.
  • Ananiños do bosque : cogomelos, de Gwendoliyn Luo. Baía Edicións, 2005.
  • Cogomelos de Galicia, de José Manuel Castro Marcote, Manuel Pose Carracedo e José María Traba Velay. Xunta de Galicia, 2005.
  • Cogumelos de Galiza, de Marisa Castro e Víctor López Román. A Nosa Terra, 2005.

Da Península Ibérica:

  • 500 cogomelos do litoral atlántico e noroeste peninsular, de José Manuel Castro Marcote, Manuel Pose Carracedo e José María Traba Velay. Edicións do Cumio, 2013.
  • Setas de la Península Ibérica, de José Luis Rodríguez. Natura, 1996.
  • ¡A por setas! : busca, encuentra y degusta, de David García Castillo. Everest, 2007.
  • Setas de prados y bosques, de Mark Kobold. Susaeta, 2000.
  • Setas de la Península Ibérica y de Europa, de Aurelio García Blanco e Juan Antonio Sánchez Rodríguez. Everest, 2009.

E unha vez xa na casa, que facemos con eles?

Aprende como cociñar os distintos tipos de cogomelos e de que viños acompañar a cada especie. Tes moitas ideas nestes recetarios:

  • Cogomelos, a cociña do bosque, de Mariona Quadrada. Baía Edicións, 2013.
  • Cómo cocinar las setas, de Vincent Allard. De Vecchi, 2008.

Tedes todos estes libros dispoñibles nunha exposición ata o 30 de novembro. Bo proveito!

 

Etiquetas: 
Bibliografías
Cociña
Cogomelos
Guías
Libros
Outono
Receitas
Seleccións

Séguenos en:

  • Facebook
  • Twitter
  • Blog

Horario de apertura

 

Horario de verán (21 de xuño a 6 de setembro)

SALA ADULTOS/AS:

  ► Mañás: de martes a venres de 9:00 a 14:00.

  ► Tardes: luns e mércores de 18:00 a 21:00.

SALA INFANTIL:

  ► Mañás: de martes a venres de 10:00 a 13:00.

  ► Tardes: luns e mércores de 18:00 a 21:00.

 

A ATENCIÓN AO PÚBLICO E A SALA DE INFORMÁTICA SUSPÉNDENSE 15 MINUTOS ANTES DA HORA DE PECHE.

 

Biblioteca Pública Municipal de Narón.

R/ 25 de Xullo, s/n - 15570 - Narón, A Coruña

biblioteca.central@naron.gal

Teléfono: 981 38 21 73 

Galería imaxes

Ver máis imaxes

Concello de Narón

Este é un portal web do Concello de Narón, que cumpre as normas de accesibilidade no seu estándar WAI-A. Trátase dun servizo público dixital para facilitar a interacción coa nosa Biblioteca Municipal.

  • Política de Privacidade
  • Aviso legal
  • Cookies
  • Accesibilidade
  • Acceso corporativo

URL:https://biblioteca.naron.gal/gl/catalogo/post/por-cogomelos