Narón - Portal Biblioteca
Publicado en Narón - Portal Biblioteca (https://biblioteca.naron.gal)

Inicio > Cita a cegas cun libro

Cita a cegas cun libro

mércores, 8 de Febreiro de 2023

Celebra San Valentín deixándote conquistar por unha lectura

Nunca se sabe onde podemos atopar o amor da nosa vida e moitas veces xorde da maneira máis inesperada.

Coa literatura pasa o mesmo que co amor; témonos que deixar de prexuízos, abrir as nosas miras e non xulgar a un libro pola súa portada cando todos e todas sabemos que a beleza está no interior.

Na biblioteca dámosche a oportunidade de namorarte nunha cita a cegas coa literatura.

 

A quen vai dirixida esta proposta?

A público adulto, a partir de 16 anos.

Que se pretende?
  • Rachar prexuízos en canto a lecturas.
  • Dar visibilidade a obras que quedan eclipsadas entre novidades comerciais e literatura de moda.
  • Ofrecer a oportunidade de que un autor ou autora descoñecidos che sorprendan.
  • Descubrir o interese por novas disciplinas.
En que consiste a cita a cegas?

Dende o venres 10 ao martes 14 de febreiro (ata esgotar os exemplares) haberá unha selección de libros agardando por unha cita contigo.

Os libros estarán envoltos para que non poidas ver de que exemplar se trata. No envoltorio levarán unha serie de pistas en forma de etiquetas para que che sexa máis doado decidirte por un ou por outro.

Entre os libros seleccionados haberá unha gran diversidade de autores/as, xéneros, temáticas e formatos.

Escolle un e lévao para a túa casa, amósalle ese espazo no que te sintes cómodo/a para ler, desvísteo e déixate seducir.

Esperamos que consigas o ansiado frechazo literario!

 

NOTAS:

A Axencia de lectura da Gándara ofrecerá tamén esta proposta do venres 10 ao martes 14 de febreiro no seu horario de apertura (de 17:00 a 19:00 horas). Lembra que co teu carné da Rede de bibliotecas podes facer uso tamén deste dispositivo.

 

 

 

Etiquetas: 
Cita a cegas
Libros a cegas
Sorpresa
San Valentín
Biblioespazo 2023

Séguenos en:

  • Facebook
  • Twitter
  • Blog

Horario de apertura

 

Horario de verán (21 de xuño a 6 de setembro)

SALA ADULTOS/AS:

  ► Mañás: de martes a venres de 9:00 a 14:00.

  ► Tardes: luns e mércores de 18:00 a 21:00.

SALA INFANTIL:

  ► Mañás: de martes a venres de 10:00 a 13:00.

  ► Tardes: luns e mércores de 18:00 a 21:00.

 

A ATENCIÓN AO PÚBLICO E A SALA DE INFORMÁTICA SUSPÉNDENSE 15 MINUTOS ANTES DA HORA DE PECHE.

 

Biblioteca Pública Municipal de Narón.

R/ 25 de Xullo, s/n - 15570 - Narón, A Coruña

biblioteca.central@naron.gal

Teléfono: 981 38 21 73 

Galería imaxes

Ver máis imaxes

Concello de Narón

Este é un portal web do Concello de Narón, que cumpre as normas de accesibilidade no seu estándar WAI-A. Trátase dun servizo público dixital para facilitar a interacción coa nosa Biblioteca Municipal.

  • Política de Privacidade
  • Aviso legal
  • Cookies
  • Accesibilidade
  • Acceso corporativo

URL:https://biblioteca.naron.gal/gl/catalogo/post/cita-cegas-cun-libro-1