Narón - Portal Biblioteca
Publicado en Narón - Portal Biblioteca (https://biblioteca.naron.gal)

Inicio > Stop Motion. Obradoiro para persoas adultas

Stop Motion. Obradoiro para persoas adultas

venres, 3 de Outubro de 2014

Convidámosvos a todos a participar na elaboración dun vídeo stop motion que presentaremos o 24 de outubro (Día da Biblioteca) co fin de dar a coñecer as nosas instalación e servizos.

Que é o stop motion?
O stop motion é unha técnica de animación que emprega imaxes fixas sucesivas para crear a apariencia de movemento. Tes aquí [1] e aquí [2] algún exemplo.

Que faremos?
Idearemos o guión do que será a animación final e prepararemos os elementos necesarios para levala a cabo.
Poderemos facela mendiante fotografías de nós mesmos/as ou de obxectos (o decidiremos entre todos/as o primeiro día).

Cando o faremos?
Os sábados 11 e 18 de outubro de 11:30 a 13:00

Como podo participar?
Se tes 15 anos ou máis podes reservar a túa praza para esta actividade a partir do luns 6 de outubro ás 16:00 horas, achegándote á biblioteca ou chamando ao 981 382 173. Se es menor de idade terás que aportar a autorización asinada polo teu pai, nai ou titor/a para a publicación da túa imaxe no vídeo.

Será moi divertido! Anímate a participar!

Etiquetas: 
Actividades
Audiovisuais
Biblioespazo 2014
Obradoiros

Séguenos en:

  • Facebook
  • Twitter
  • Blog

Horario de apertura

 

Horario de verán (21 de xuño a 6 de setembro)

SALA ADULTOS/AS:

  ► Mañás: de martes a venres de 9:00 a 14:00.

  ► Tardes: luns e mércores de 18:00 a 21:00.

SALA INFANTIL:

  ► Mañás: de martes a venres de 10:00 a 13:00.

  ► Tardes: luns e mércores de 18:00 a 21:00.

 

A ATENCIÓN AO PÚBLICO E A SALA DE INFORMÁTICA SUSPÉNDENSE 15 MINUTOS ANTES DA HORA DE PECHE.

 

Biblioteca Pública Municipal de Narón.

R/ 25 de Xullo, s/n - 15570 - Narón, A Coruña

biblioteca.central@naron.gal

Teléfono: 981 38 21 73 

Galería imaxes

Ver máis imaxes

Concello de Narón

Este é un portal web do Concello de Narón, que cumpre as normas de accesibilidade no seu estándar WAI-A. Trátase dun servizo público dixital para facilitar a interacción coa nosa Biblioteca Municipal.

  • Política de Privacidade
  • Aviso legal
  • Cookies
  • Accesibilidade
  • Acceso corporativo

URL:https://biblioteca.naron.gal/gl/catalogo/post/stop-motion-obradoiro-para-persoas-adultas

Ligazóns
[1] https://www.youtube.com/watch?v=58IfCEE7AEM [2] https://www.youtube.com/watch?v=1684wumdqqs