Narón - Portal Biblioteca
Publicado en Narón - Portal Biblioteca (https://biblioteca.naron.gal)

Inicio > Un día para as letras: homenaxe a Paco del Riego

Un día para as letras: homenaxe a Paco del Riego

Data: 
sábado, 20 de Maio de 2023
Lugar: 
Biblioteca Pública Municipal de Narón

Contos, ilustración e música para celebrar o Día das letras galegas

O sábado 20 de maio ás 11:00 celebramos o día grande das nosas letras con contos, ilustración e música en directo a cargo de Polo correo do vento.

A compañía ven ofrecer ao público infantil e familiar o seu espectáculo Un día para as letras: homenaxe a Paco del Riego, unha actividade baseada no libro do que son autores e que está editado por Lela Edicións.

Ademáis de narrar oralmente a historia de Francisco Fernández del Riego, autor homenaxeado este ano no Día das letras galegas, realizarase un obradoiro de debuxo paso a paso, todo elo acompañado de música en directo.

Para participar na actividade:

  • Os nenos e nenas teñen que ter os tres anos cumpridos e o carné da rede de bibliotecas sen sancións pendentes.
  • É necesario reservar praza a partir do martes 16 de maio ás 16:00 horas de maneira presencial ou chamando ao 981382173 en horario de apertura.

 

Esta actividade está cofinanciada pola Consellería de Cultura, Educación e Universidade dentro do programa Ler Conta Moito.

 

 

 

Séguenos en:

  • Facebook
  • Twitter
  • Blog

Horario de apertura

 

Horario habitual de inverno:

SALA ADULTOS/AS:

  ► Luns a venres de 9:30 a 13:30 e de 16:00 a 21:00.

  ► Sábados de 10:00 a 13:00.

 

SALA INFANTIL:

  ► Luns a venres de 17:00 a 20:00.

  ► Sábados de 10:00 a 13:00.

 

A ATENCIÓN AO PÚBLICO E A SALA DE INFORMÁTICA SUSPÉNDENSE 15 MINUTOS ANTES DA HORA DE PECHE.

 

Biblioteca Pública Municipal de Narón.

R/ 25 de Xullo, s/n - 15570 - Narón, A Coruña

biblioteca.central@naron.gal

Teléfono: 981 38 21 73 

Galería imaxes

Ver máis imaxes

Concello de Narón

Este é un portal web do Concello de Narón, que cumpre as normas de accesibilidade no seu estándar WAI-A. Trátase dun servizo público dixital para facilitar a interacción coa nosa Biblioteca Municipal.

  • Política de Privacidade
  • Aviso legal
  • Cookies
  • Accesibilidade
  • Acceso corporativo

URL:https://biblioteca.naron.gal/gl/actividades/eventos/un-d%C3%ADa-para-letras-homenaxe-paco-del-riego