Narón - Portal Biblioteca
Publicado en Narón - Portal Biblioteca (https://biblioteca.naron.gal)

Inicio > Nova clasificación para a literatura noutras linguas

Nova clasificación para a literatura noutras linguas

venres, 22 de Agosto de 2014

Como moitos de vos xa sabedes, na Biblioteca temos, ademáis das obras en galego e castelán, unha sección diferenciada para a literatura noutras linguas. 

Ata o de agora esta sección era moi reducida, pero nos últimos tempos medrou considerablemente grazas a, na súa meirande parte, ás doacións de usuarios e usuarias particulares.

Para que teñades estas obras máis accesibles e vos resulte moito máis cómodo localizalas, establecemos durante este verán unha nova clasificación.
A partir de agora nas etiquetas dos libros, antes do N, P, T, ou B que identifican ás obras de narrativa, poesía, teatro e biografía respectivamente, incluimos tamén unha letra que representa a cada lingua.
I= Inglés
F= Francés
A= Alemán
IT= Italiano

Non tedes perda, pero ante calquera dúbida xa sabedes que estamos para axudarvos.

Vémonos!! Nos vemos!! See you!! À plus!! Wir sehen uns!! Ci vediamo!!

Etiquetas: 
Alemán
Biblioteca de Narón
Clasificacións
Francés
Inglés
Italiano
Literatura

Séguenos en:

  • Facebook
  • Twitter
  • Blog

Horario de apertura

 

Horario habitual de inverno:

SALA ADULTOS/AS:

  ► Luns a venres de 9:30 a 13:30 e de 16:00 a 21:00.

  ► Sábados de 10:00 a 13:00.

 

SALA INFANTIL:

  ► Luns a venres de 17:00 a 20:00.

  ► Sábados de 10:00 a 13:00.

 

A ATENCIÓN AO PÚBLICO E A SALA DE INFORMÁTICA SUSPÉNDENSE 15 MINUTOS ANTES DA HORA DE PECHE.

 

Biblioteca Pública Municipal de Narón.

R/ 25 de Xullo, s/n - 15570 - Narón, A Coruña

biblioteca.central@naron.gal

Teléfono: 981 38 21 73 

Galería imaxes

Ver máis imaxes

Concello de Narón

Este é un portal web do Concello de Narón, que cumpre as normas de accesibilidade no seu estándar WAI-A. Trátase dun servizo público dixital para facilitar a interacción coa nosa Biblioteca Municipal.

  • Política de Privacidade
  • Aviso legal
  • Cookies
  • Accesibilidade
  • Acceso corporativo

URL:https://biblioteca.naron.gal/gl/catalogo/post/nova-clasificaci%C3%B3n-para-literatura-noutras-linguas