Narón - Portal Biblioteca
Publicado en Narón - Portal Biblioteca (https://biblioteca.naron.gal)

Inicio > Presentación de proxectos de nenos e nenas de Áurega

Presentación de proxectos de nenos e nenas de Áurega

xoves, 21 de Setembro de 2023

Os pequenos/as científicos presentan ao público os seus proxectos

Logo de traballar arreo nos seus proxectos, os nenos e nenas de Áurega preséntanos ao público en xeral este sábado na biblioteca.

Áurega [1] é unha asociación de familias de nenos/as con Altas Capacidades, talentos e inquedanzas intelectuais con sede no noso concello. Naceu hai case cinco anos para visibilizar as necesidades das persoas con altas capacidades e ofrecer información e ferramentas ás súas familias e conta xa con máis dun cento de familias asociadas.

O sábado 30 de setembro entre as 11:00 e as 12:00 usuarios/as de todas as idades teremos a oportunidade de coñecer os proxectos nos que dous grupos de nenos e nenas de entre 4 e 6 anos estiveron traballando a pasada tempada:

  • O museo de Flororo: Empregando como referencia o conto El museo de Tronquito, os nenos e nenas crearon diferentes obras artísticas empregando materiais de refugallo.
  • O libro dos animais en perigo de extinción: Tras unha investigación sobre os animais que se atopan en perigo de extinción, os nenos e nenas escribiron e deseñaron un conto que representa os diferentes hábitats acompañado de maquetas que reproducen os animais e a súa contorna.

Os pequenos e pequenas estarán encantados de compartir os seus descubrimentos nesta presentación que promete ser educativa e, sobre todo, inspiradora. As persoas que se queiran achegar terán a oportunidade de interactuar con eles/as e facerlles preguntas sobre estes proxectos.

Para asistir non precisades inscrición previa. A entrada é libre e de balde dentro do horario establecido.

Agardámosvos!

 

 

Etiquetas: 
Presentacións
Altas Capacidades
Faladoiros
Áurega
Biblioespazo 2023

Séguenos en:

  • Facebook
  • Twitter
  • Blog

Horario de apertura

 

Horario de verán (21 de xuño a 6 de setembro)

SALA ADULTOS/AS:

  ► Mañás: de martes a venres de 9:00 a 14:00.

  ► Tardes: luns e mércores de 18:00 a 21:00.

SALA INFANTIL:

  ► Mañás: de martes a venres de 10:00 a 13:00.

  ► Tardes: luns e mércores de 18:00 a 21:00.

 

A ATENCIÓN AO PÚBLICO E A SALA DE INFORMÁTICA SUSPÉNDENSE 15 MINUTOS ANTES DA HORA DE PECHE.

 

Biblioteca Pública Municipal de Narón.

R/ 25 de Xullo, s/n - 15570 - Narón, A Coruña

biblioteca.central@naron.gal

Teléfono: 981 38 21 73 

Galería imaxes

Ver máis imaxes

Concello de Narón

Este é un portal web do Concello de Narón, que cumpre as normas de accesibilidade no seu estándar WAI-A. Trátase dun servizo público dixital para facilitar a interacción coa nosa Biblioteca Municipal.

  • Política de Privacidade
  • Aviso legal
  • Cookies
  • Accesibilidade
  • Acceso corporativo

URL:https://biblioteca.naron.gal/gl/catalogo/post/presentaci%C3%B3n-de-proxectos-de-nenos-e-nenas-de-%C3%A1urega

Ligazóns
[1] https://auregaasociacion.gal/