Narón - Portal Biblioteca
Publicado en Narón - Portal Biblioteca (https://biblioteca.naron.gal)

Inicio > Biotecnólogos resolven un crime na biblioteca

Biotecnólogos resolven un crime na biblioteca

Data: 
sábado, 7 de Outubro de 2023
Lugar: 
Biblioteca Pública Municipal de Narón

Axúdanos a atopar ao ladrón dun valioso manuscrito

Alguén roubou un valioso manuscrito na biblioteca. Afortunadamente temos restos biolóxicos do ladrón. Para descubrir quen é teremos que extraer ADN das mostras e comparalo co das persoas sospeitosas deste furto.

Axúdasnos a resolver este crime? Ven o sábado 7 de outubro ás 11:00 a participar na actividade Biotecnólogos resolven un crime na biblioteca. Neste obradoiro resolveremos o caso con material de cociña e aprenderemos que é a biotecnoloxía con Manuel Vicente, responsable do programa de divulgación científica da Radio Galega Efervescencia.

Para participar:

  • Todas as persoas teñen que ter os 8 anos cumpridos e o carné da rede de bibliotecas sen sancións pendentes.
  • É necesario reservar praza a partir do martes 3 de outubro ás 16:00 horas, de xeito presencial ou chamando ao 981382173 en horario de apertura.

Esta actividade está cofinanciada pola Consellería de Cultura, Educación e Universidade dentro do programa Ler Conta Moito.

 

 

Séguenos en:

  • Facebook
  • Twitter
  • Blog

Horario de apertura

 

Horario de verán (21 de xuño a 6 de setembro)

SALA ADULTOS/AS:

  ► Mañás: de martes a venres de 9:00 a 14:00.

  ► Tardes: luns e mércores de 18:00 a 21:00.

SALA INFANTIL:

  ► Mañás: de martes a venres de 10:00 a 13:00.

  ► Tardes: luns e mércores de 18:00 a 21:00.

 

A ATENCIÓN AO PÚBLICO E A SALA DE INFORMÁTICA SUSPÉNDENSE 15 MINUTOS ANTES DA HORA DE PECHE.

 

Biblioteca Pública Municipal de Narón.

R/ 25 de Xullo, s/n - 15570 - Narón, A Coruña

biblioteca.central@naron.gal

Teléfono: 981 38 21 73 

Galería imaxes

Ver máis imaxes

Concello de Narón

Este é un portal web do Concello de Narón, que cumpre as normas de accesibilidade no seu estándar WAI-A. Trátase dun servizo público dixital para facilitar a interacción coa nosa Biblioteca Municipal.

  • Política de Privacidade
  • Aviso legal
  • Cookies
  • Accesibilidade
  • Acceso corporativo

URL:https://biblioteca.naron.gal/gl/actividades/eventos/biotecn%C3%B3logos-resolven-un-crime-na-biblioteca