Narón - Portal Biblioteca
Publicado en Narón - Portal Biblioteca (https://biblioteca.naron.gal)

Inicio > Exposición fotográfica "Imaxes con Fondo"

Exposición fotográfica "Imaxes con Fondo"

mércores, 9 de Xullo de 2014

A nosa biblioteca acollerá dende mañá 10 de xullo ata o domingo 10 de agosto a exposición itinerante "Imaxes con Fondo", pertencente ao Fondo Galego de Cooperación e Solidariedade.

O Fondo Galego de Cooperación e Solidariedade  [1]é unha asociación de Concellos e Deputacións de Galicia que, por medio do traballo en rede e co apoio institucional da Xunta de Galicia, leva 16 anos realizando proxectos de cooperación internacional, defendendo e promovendo os Dereitos Humanos Universais nos países menos desenvolvidos ou máis empobrecidos.

En 2012 o Fondo Galego de Cooperación e Solidariedade promoveu o concurso fotográfico Imaxes con Fondo como ferramenta para promover a reflexión e un cambio de actitude na cidadanía, apostando por condutas solidarias e respectuosas co entorno do planeta e coas persoas que nel habitan, a través da imaxe e da palabra (unha fotografía e un tweet explicativo de 140 caracteres).

O concurso dividiuse en dúas categorías:

  • Categoría xuvenil, dos 13 aos 17 anos, coa temática A solidariedade da sentido ás nosas vidas.
  • Categoría adultos/as, dos 18 en adiante, coa temática Cambia, reinvindica, constrúe.

Froito desta experiencia naceu a exposición itinerante Imaxes con Fondo. As imaxes que a compoñen son unha mostra dos traballos recibidos. As fotografías foron cedidas polas súas autoras e autores para continuar, a través desta recompilación, coa misión sensibilizadora que envolveu o concurso.

Dos 20 paneis que compoñen a exposición, 16 correspóndense á categoría de adultos/as e 4 á categoría xuvenil.

A exposición estará dispoñible na nosa biblioteca dende o 10 de xullo ao 10 de agosto, durante o horario de apertura habitual (horario de verán [2]).

Neste ano 2014, o Fondo Galego de Cooperación e Solidariedade abriu a segunda edición do concurso Imaxes con Fondo, dende o 24 de abril ao 15 de novembro. Podedes consultar as súas bases aquí [3].

Etiquetas: 
Biblioespazo 2014
Biblioteca de Narón
Exposicións
Fotografía

Séguenos en:

  • Facebook
  • Twitter
  • Blog

Horario de apertura

 

Horario de verán (21 de xuño a 6 de setembro)

SALA ADULTOS/AS:

  ► Mañás: de martes a venres de 9:00 a 14:00.

  ► Tardes: luns e mércores de 18:00 a 21:00.

SALA INFANTIL:

  ► Mañás: de martes a venres de 10:00 a 13:00.

  ► Tardes: luns e mércores de 18:00 a 21:00.

 

A ATENCIÓN AO PÚBLICO E A SALA DE INFORMÁTICA SUSPÉNDENSE 15 MINUTOS ANTES DA HORA DE PECHE.

 

Biblioteca Pública Municipal de Narón.

R/ 25 de Xullo, s/n - 15570 - Narón, A Coruña

biblioteca.central@naron.gal

Teléfono: 981 38 21 73 

Galería imaxes

Ver máis imaxes

Concello de Narón

Este é un portal web do Concello de Narón, que cumpre as normas de accesibilidade no seu estándar WAI-A. Trátase dun servizo público dixital para facilitar a interacción coa nosa Biblioteca Municipal.

  • Política de Privacidade
  • Aviso legal
  • Cookies
  • Accesibilidade
  • Acceso corporativo

URL:https://biblioteca.naron.gal/gl/catalogo/post/exposici%C3%B3n-fotogr%C3%A1fica-imaxes-con-fondo

Ligazóns
[1] http://www.fondogalego.org/web/ [2] https://biblioteca.naron.gal/gl/catalogo/post/horario-de-ver%C3%A1n-2014 [3] http://fondogalego.org/web/bases_do_concurso_imaxes_con_fondo