Narón - Portal Biblioteca
Publicado en Narón - Portal Biblioteca (https://biblioteca.naron.gal)

Inicio > Obradoiro de decoración

Obradoiro de decoración

Data: 
martes, 24 de Outubro de 2023
Lugar: 
Biblioteca Pública Municipal de Narón

Elaboramos os elementos que van decorar o noso espazo de actividades o Día internacional das bibliotecas.

Como cada ano, celebramos o Día internacional das bibliotecas cunha xornada festiva na Praza de Galicia. O sábado seguinte ao 24 de outubro (neste caso sábado 28) sacamos a biblioteca á rúa para ofrecer ao público actividades para todas as idades.

Queremos que a carpa onde todas estas actividades van ter lugar sexa un espazo de todos e todas e que poidades sentir que vos pertence, por iso convidámosvos a participar na elaboración dos elementos que a decorarán.

O martes 24 de outubro ás 18:00 horas estaremos confeccionando dúas grilandas de temática relacionada co libro e a lectura nun obradoiro no que poden participar persoas de todas as idades.

Para participar:

  • Todas as persoas teñen que ter o carné da rede de bibliotecas sen sancións pendentes.
  • É necesario reservar praza a partir do mércores 18 de outubro ás 16:00 horas, de maneira presencial ou chamando ao 981382173 en horario de apertura.

 

 

Séguenos en:

  • Facebook
  • Twitter
  • Blog

Horario de apertura

 

Horario habitual de inverno:

SALA ADULTOS/AS:

  ► Luns a venres de 9:30 a 13:30 e de 16:00 a 21:00.

  ► Sábados de 10:00 a 13:00.

 

SALA INFANTIL:

  ► Luns a venres de 17:00 a 20:00.

  ► Sábados de 10:00 a 13:00.

 

A ATENCIÓN AO PÚBLICO E A SALA DE INFORMÁTICA SUSPÉNDENSE 15 MINUTOS ANTES DA HORA DE PECHE.

 

Biblioteca Pública Municipal de Narón.

R/ 25 de Xullo, s/n - 15570 - Narón, A Coruña

biblioteca.central@naron.gal

Teléfono: 981 38 21 73 

Galería imaxes

Ver máis imaxes

Concello de Narón

Este é un portal web do Concello de Narón, que cumpre as normas de accesibilidade no seu estándar WAI-A. Trátase dun servizo público dixital para facilitar a interacción coa nosa Biblioteca Municipal.

  • Política de Privacidade
  • Aviso legal
  • Cookies
  • Accesibilidade
  • Acceso corporativo

URL:https://biblioteca.naron.gal/gl/actividades/eventos/obradoiro-de-decoraci%C3%B3n-0