Narón - Portal Biblioteca
Publicado en Narón - Portal Biblioteca (https://biblioteca.naron.gal)

Inicio > Desmontando o Concello de Narón

Desmontando o Concello de Narón

Data: 
sábado, 11 de Novembro de 2023
Lugar: 
Biblioteca Pública Municipal de Narón

Actividade lúdica para celebrar o Día de Narón

Como ben sabedes o día 23 de novembro o Concello de Narón está de festa para celebrar o seu día. Na biblioteca adiantamos un chisco a celebración para ofrecer aos nenos e nenas unha actividade coa que descubrirán as características máis destacadas do noso concello. Contarémoslles brevemente a historia de Narón, explicaremos por que se escolleu o 23 de novembro como o seu día e veremos a división xeográfica do noso concello.

A continuación poremos a proba estes coñecementos a través dun xogo de pistas que os/as levarán a atopar na sala infantil as pezas coas que formar o crebacabezas de Narón.

Se queredes que os vosos fillos e fillas pasen unha mañá divertida e aprendan un pouco máis sobre Narón, inscribídeos nesta actividade que terá lugar o sábado 11 de novembro ás 11:00 da mañá.

Para participar:

  • Os nenos e nenas teñen que ter os catro anos cumpridos e o carné de rede de bibliotecas sen sancións pendentes.
  • É necesario reservar praza a partir do martes 7 de novembro ás 16:00 horas, de maneira presencial ou chamando ao 981382173 en horario de apertura.

 

 

Séguenos en:

  • Facebook
  • Twitter
  • Blog

Horario de apertura

 

Horario habitual de inverno:

SALA ADULTOS/AS:

  ► Luns a venres de 9:30 a 13:30 e de 16:00 a 21:00.

  ► Sábados de 10:00 a 13:00.

 

SALA INFANTIL:

  ► Luns a venres de 17:00 a 20:00.

  ► Sábados de 10:00 a 13:00.

 

A ATENCIÓN AO PÚBLICO E A SALA DE INFORMÁTICA SUSPÉNDENSE 15 MINUTOS ANTES DA HORA DE PECHE.

 

Biblioteca Pública Municipal de Narón.

R/ 25 de Xullo, s/n - 15570 - Narón, A Coruña

biblioteca.central@naron.gal

Teléfono: 981 38 21 73 

Galería imaxes

Ver máis imaxes

Concello de Narón

Este é un portal web do Concello de Narón, que cumpre as normas de accesibilidade no seu estándar WAI-A. Trátase dun servizo público dixital para facilitar a interacción coa nosa Biblioteca Municipal.

  • Política de Privacidade
  • Aviso legal
  • Cookies
  • Accesibilidade
  • Acceso corporativo

URL:https://biblioteca.naron.gal/gl/actividades/eventos/desmontando-o-concello-de-nar%C3%B3n