Narón - Portal Biblioteca
Publicado en Narón - Portal Biblioteca (https://biblioteca.naron.gal)

Inicio > Presentación de "Las tribulaciones de Bruno Lamas"

Presentación de "Las tribulaciones de Bruno Lamas"

mércores, 22 de Novembro de 2023

O escritor Juan Galán presenta a súa terceira novela na biblioteca

O mércores 29 de novembro ás 18:30 a sala multiusos da planta soto da biblioteca recibirá ao escritor Juan Galán, que ven presentar o seu libro Las tribulaciones de Bruno Lamas. Galán naceu na Coruña en 1961 e reside actualmente na vila de Ares. Comezou a súa carreira literaria coa publicación en 2021 da novela histórica Romanza de los naranjos en flor (Editorial Letrame), unha novela ben documentada que trata sobre os campos de concentración e a represión dos republicanos en Galicia durante a Guerra Civil. En 2022 publicou El eco de tu voz (Editorial Medulia), obra que presentou na nosa biblioteca.

Nesta ocasión Juan Galán preséntanos unha novela protagonizada por Bruno Lamas, un antiheroe machista e mentiroso que por azar acaba sendo confidente da Brigada Político Social, a policía do réxime franquista.

No acto de presentación do libro e posterior tertulia Juan Galán estará acompañado da escritora naronesa María Isabel Ramos Breijo.

As persoas que así o desexen poderán adquirir un exemplar da obra ao finalizar o acto.

 

 

Etiquetas: 
Presentacións de libros
Encontros con autores/as
Tertulias literarias

Séguenos en:

  • Facebook
  • Twitter
  • Blog

Horario de apertura

 

Horario habitual de inverno:

SALA ADULTOS/AS:

  ► Luns a venres de 9:30 a 13:30 e de 16:00 a 21:00.

  ► Sábados de 10:00 a 13:00.

 

SALA INFANTIL:

  ► Luns a venres de 17:00 a 20:00.

  ► Sábados de 10:00 a 13:00.

 

A ATENCIÓN AO PÚBLICO E A SALA DE INFORMÁTICA SUSPÉNDENSE 15 MINUTOS ANTES DA HORA DE PECHE.

 

Biblioteca Pública Municipal de Narón.

R/ 25 de Xullo, s/n - 15570 - Narón, A Coruña

biblioteca.central@naron.gal

Teléfono: 981 38 21 73 

Galería imaxes

Ver máis imaxes

Concello de Narón

Este é un portal web do Concello de Narón, que cumpre as normas de accesibilidade no seu estándar WAI-A. Trátase dun servizo público dixital para facilitar a interacción coa nosa Biblioteca Municipal.

  • Política de Privacidade
  • Aviso legal
  • Cookies
  • Accesibilidade
  • Acceso corporativo

URL:https://biblioteca.naron.gal/gl/catalogo/post/presentaci%C3%B3n-de-las-tribulaciones-de-bruno-lamas