Narón - Portal Biblioteca
Publicado en Narón - Portal Biblioteca (https://biblioteca.naron.gal)

Inicio > Pasaporte lector

Pasaporte lector

Data: 
sábado, 27 de Xaneiro de 2024
Lugar: 
Biblioteca Pública Municipal de Narón

Obradoiro creativo para elaborar un pasaporte lector para os nosos pequenos/as viaxeiros/as.

Estreamos un novo ano cargadiño de aventuras elaborando un pasaporte lector onde ir levando conta de todas elas.

O sábado 27 de xaneiro ás 11:00 ofrecemos aos nenos e nenas a partir de 6 anos un obradoiro no que crearán o seu pasaporte lector, un documento no que rexistrarán todas as aventuras literarias ao longo do ano. Cada libro lido será un selo no seu pasaporte que marcará o seu percorrido por mundos cheos de imaxinación e aprendizaxe.

Listos/as para viaxar sobre as páxinas dos libros?

Para participar:

  • Os nenos e nenas teñen que ter os seis anos cumpridos e o carné da rede de bibliotecas sen sancións pendentes.
  • É necesario inscribirse a partir do martes 23 de xaneiro ás 16:00 horas, no mostrador da sala de adultos/as ou chamando ao 981382173 en horario de apertura.

 

 

Séguenos en:

  • Facebook
  • Twitter
  • Blog

Horario de apertura

 

Horario habitual de inverno:

SALA ADULTOS/AS:

  ► Luns a venres de 9:30 a 13:30 e de 16:00 a 21:00.

  ► Sábados de 10:00 a 13:00.

 

SALA INFANTIL:

  ► Luns a venres de 17:00 a 20:00.

  ► Sábados de 10:00 a 13:00.

 

A ATENCIÓN AO PÚBLICO E A SALA DE INFORMÁTICA SUSPÉNDENSE 15 MINUTOS ANTES DA HORA DE PECHE.

 

Biblioteca Pública Municipal de Narón.

R/ 25 de Xullo, s/n - 15570 - Narón, A Coruña

biblioteca.central@naron.gal

Teléfono: 981 38 21 73 

Galería imaxes

Ver máis imaxes

Concello de Narón

Este é un portal web do Concello de Narón, que cumpre as normas de accesibilidade no seu estándar WAI-A. Trátase dun servizo público dixital para facilitar a interacción coa nosa Biblioteca Municipal.

  • Política de Privacidade
  • Aviso legal
  • Cookies
  • Accesibilidade
  • Acceso corporativo

URL:https://biblioteca.naron.gal/gl/actividades/eventos/pasaporte-lector