O amor pode aparecer onde menos o agardas… e ás veces vén en forma de libro. Unha historia inesperada, unha voz descoñecida ou unhas páxinas que non pensabas escoller poden acabar conquistándote sen remedio.
Un ano máis, na biblioteca propoñémosche atopar o teu próximo frechazo literario cunha cita a cegas coa lectura.
En que consiste?
Do luns 9 ao sábado 14 de febreiro (ou ata esgotar existencias), atoparás unha selección de libros envoltos e listos para ir contigo. Hai un pouco de todo: novelas,...





