Presentación e horarios

A Biblioteca Pública Municipal de Narón empezou a súa andadura no ano 1986 no edificio coñecido coma “O chalé de Antón”, que albergaba por aquel entón a Casa da Cultura.

Ao longo dos seus case trinta anos de historia foron moitos os cambios e evolucións que experimentou tanto no volume dos seus fondos coma nos servizos prestados ou no número de persoal.

A día de hoxe os servizos bibliotecarios en Narón préstanse a través de tres dispositivos:

 

Biblioteca central do Alto

Servizos que se prestan:

  • Lectura en sala.
  • Préstamo a domicilio.
  • Información bibliográfica.
  • Boletín de novidades bimestral.
  • Solicitudes de adquisicións.
  • Formación de usuarios.
  • Sección local.
  • Hemeroteca.
  • Sección infantil e xuvenil.
  • Acceso a Internet.
  • Actividades culturais.
  • Préstamo de documentos electrónicos.

 

Horario:

En inverno:

  • De luns a venres: 9:30-13:30 e 16:00-21:00
  • Sábados: 10:00-13:00

En verán:

  • Mañás: de martes a venres de 9:00 a 14:00
  • Tardes: luns e mércores de 18:00 a 21:00

O horario de atención ao público e a sala de informática pechan sempre 15 minutos antes da hora de peche definitivo da biblioteca.

 

 

Axencia de lectura municipal da Gándara

Servizos que se prestan:

  • Lectura en sala.
  • Préstamo a domicilio.
  • Información bibliográfica.
  • Solicitudes de adquisicións.
  • Formación de usuarios.
  • Sección infantil e xuvenil.
  • Acceso a Internet.
  • Préstamo de documentos electrónicos.

 

Horario:

En inverno:

  • De luns a venres: 17:00 a 19:00

En verán:

  • Luns de 10:30 a 13:30
  • Martes de 18:00 a 21:00
  • Xoves de 18:00 a 21:00

 

Axencia de lectura municipal da Solaina / Ludoteca (só fondo infantil).

Servizos que se prestan:

  • Lectura en sala.
  • Préstamo a domicilio.
  • Sección infantil e xuvenil.

 

Horario:

En inverno:

  • De luns a venres: 16:00 a 20:00

En verán:

  • De luns a venres de 10:00 a 14:00