A sala de exposicións da planta sótano da biblioteca acollerá dende o luns 17 de decembro ata o sábado 5 de xaneiro a exposición Eu estiven alí, unha colección na que o fotógrafo vigués Alberto Ladero plasma a súa afición pola música rock.
Ladero describe así a súa relación coas dúas artes, música e fotografía: “a través dos tempos vivín a música como algo primordial na miña vida, e non estou a falar só de rock. Sempre fun fiel seguidor da música en directo e sempre...





