Exposición fotográfica Lecturas
Lecturas, traballo colectivo do alumnado de Gabriel Tizón, na sala de exposicións da planta sótano
A Asociación Deportiva e Cultural dos profesionais da área sanitaria de Ferrol desenvolve diferentes obradoiros e actividades dirixidas aos e ás profesionais das diferentes categorías e servizos dos centros hospitalarios e dos centros de saúde da comarca.
A Xerencia de xestión integrada de Ferrol organizou un obradoiro de fotografía impartido polo destacado fotógrafo ferrolán Gabriel Tizón. O seu alumnado levou a cabo un proxecto no que plasmaron as diferentes miradas en torno aos momentos, os espazos e os medios de lectura. O resultado deste traballo son 24 fotografías en cor ou en branco e negro das que agora podemos disfrutar na biblioteca.
A exposición Lecturas estará dispoñible ata o venres 31 de marzo na sala de exposicións da planta baixa da biblioteca e pódese visitar de luns a vernes entre as 17:00 e as 20:00 horas e os sábados de 10:00 a 13:00.
Engadir comentario