Durante todo o mes de agosto, a biblioteca acollerá unha exposición organizada en colaboración coa Ludoteca Municipal de Narón. Esta mostra é unha pequena viaxe nostálxica a través do tempo que permitirá descubrir a evolución deste servizo ao longo de máis de vinte anos.
A mostra reúne fotografías, traballos e xogos realizados por nenos e nenas participantes nas distintas actividades da Ludoteca. Este percorrido reflicte o funcionamento e a evolución do servizo, os milleiros de tardes compartidas con amizades e o profundo impacto que o xogo ten no...





