Exposición fotográfica "Anacos"
Descobre a beleza dos espacios naturais a través da lente de Fernando González Pérez
Dende o luns 4 de marzo e ata o sábado 6 de abril a sala de exposicións da planta soto acolle a mostra fotográfica Anacos, unha colección de imaxes de Fernando González Pérez, apaixoado fotógrafo aficionado cuxo talento foi recoñecido en diferentes concursos.
Nado na Estrada e actualmente residente en Valdoviño, Fernando González Pérez forxou o seu camiño no mundo da fotografía a través da realización de diversos cursos, do estudo de maneira particular de numerosos libros de fotografía e da exploración de tutoriais en liña, todo co obxectivo de perfeccionar a súa arte. Este esforzo non pasou desapercibido, xa que foi galardoado co primeiro premio no "Concurso de Fotografía 2023 do Concello de A Capela", así como no "Primeiro Memorial de Fotografía de Carlos Caraglia", onde compartiu recoñecemento con renomeados fotógrafos internacionais.
González Pérez é ademáis membro activo do Club de Fotografía Ferrolterra, onde comparte a súa paixón con outros/as entusiastas.
A exposición que agora nos ofrece conta con arredor de 25 fotografías impresas en tamaños que van dende os 45x30 ata os 50x25 cm. Baixo o título Anacos estas imaxes aportan unha mirada persoal de diferentes espazos naturais.
O horario de vista da exposición é:
- Luns a venres: de 17:00 a 20:00 horas.
- Sábados: de 10:00 a 13:00 horas.
Engadir comentario