Galegos en Mauthausen

xoves, 16 de Xaneiro de 2025

Exposición fotográfica da Asociación cultural Memoria Histórica Democrática

A sala de exposicións da planta soto da biblioteca acollerá novamente a impactante exposición fotográfica Galegos en Mauthausen, da Asociación cultural Memoria Histórica Democrática.

A mostra está composta por 40 fotografías que amosan as duras condicións de vida no campo de concentración, así coma documentación (cartas, fotografías…) dalgúns españois e españolas presos/as.

A exposición pode visitarse do luns 20 de xaneiro ao sábado 1 de febreiro no seguinte horario:

  • De luns a venres de 17:00 a 20:00 horas.
  • Sábados de 10:00 a 13:00 horas.

As persoas membros da Asociación ofrecen a posibilidade de facer visitas guiadas previa solicitude. Os grupos que así o desexen (centros escolares, asociacións, grupos particulares…) poderán solicitar a visita chamando á biblioteca (981382173) en horario de apertura.

Ademáis haberá outra visita aberta ao público xeral o mércores 29 de xaneiro ás 17:00 horas. As persoas interesadas poden inscribirse a partir do luns 20 de xaneiro ás 16:00 horas de maneira presencial ou chamando ao 981382173 en horario de apertura.

 

 

Etiquetas: 
Exposicións
Fotografía
Mauthausen