Galegos en Mauthausen

venres, 9 de Xaneiro de 2026

A biblioteca volve acoller no mes de xaneiro a exposición fotográfica da Asociación cultural Memoria Histórica Democrática.

A sala de exposicións situada na planta soto da biblioteca será, un ano máis, o espazo no que se poderá visitar Galegos en Mauthausen, unha mostra fotográfica promovida pola Asociación cultural Memoria Histórica Democrática.

A exposición reúne 40 imaxes que documentan as durísimas condicións de vida no campo de concentración, xunto con material documental como cartas e fotografías de persoas españolas que estiveron presas nel.

A mostra poderá visitarse do luns 19 ao sábado 31 de xaneiro, no seguinte horario:

  • De luns a venres, de 17:00 a 20:00 horas.
  • Sábados, de 10:00 a 13:00 horas.

A Asociación ofrece tamén a posibilidade de realizar visitas guiadas baixo solicitude previa. Os grupos interesados —centros educativos, asociacións ou grupos particulares— poden solicitalas contactando coa biblioteca no 981 382 173, en horario de apertura.

Ademais, programáronse dúas visitas guiadas abertas ao público xeral: o luns 19 ás 17:00 horas e o xoves 22 ás 11:00 horas. A inscrición poderá realizarse a partir do xoves 15 ás 16:00 horas, de maneira presencial ou chamando ao 981 382 173 dentro do horario habitual da biblioteca.

 

 

 

Etiquetas: 
Exposicións
Fotografías
Memoria Histórica