A sección de fotografía do Grupo Bazán.
A Sección de Fotografía do Grupo Bazán formouse no ano 1994 por iniciativa de Francisco M. Costoya, que reuniu un grupo de persoas con interese por esta arte e moita ilusión por ampliar coñecementos. A súa formación comezou cun curso de iniciación a cargo do fotógrafo Manolo Campoy.
Tras a celebración deste primeiro curso, unha ducia de participantes decidiu reunirse todos os venres para seguir compartindo os seus avances na fotografía. O...