A Biblioteca Pública Municipal de Narón acolle entre o martes 25 de outubro e o xoves 10 de novembro a exposición A fuxida do Bou Ramón, formada por fotografías que relatan a historia protagonizada por 27 republicanos que, en 1939, fuxiron nun barco pesqueiro dende Ares para atopar o camiño da súa salvación.
O xoves 27 de outubro ás 18:00 horas proxectarase o documental A fuxida do bou Ramón. A continuación as persoas responsables da Asociación Histórica Democrática farán unha visita guiada na que os/as...





