Exposicións homenaxe ao pobo xitano

Dúas mostras fotográficas na sala de exposicións da biblioteca
A sala de exposicións da nosa planta soto abre de novo as súas portas para acoller unha mostra fotográfica. Dende o luns 6 ata o sábado 18 de xuño poderedes visitar unha exposición dobre adicada ao pobo xitano de Narón que está formada por:
- Somos xitanos e xitanas de Narón e esta é a nosa historia: fotografías de veciños e veciñas de Narón de etnia xitana.
- Homenaxe ao pobo xitano de Narón: imaxes de entrevistas interxeracionais e interculturais de persoas de etnia xitana e doutras culturas.
Esta actividade está encamiñada a visibilizar e recoñecer a cultura xitana para acadar unha maior integración coa cidadanía.
O horario de visitas desta mostra será:
- De luns a venres de 17:00 a 20:00 horas.
- Sábados de 10:00 a 13:00 horas.
Engadir comentario