Exposición de pintura “Recordos do mundo”
Elena Macía mostra a súa obra na Sala de exposicións da biblioteca.
A veciña de Narón Elena Macía Castro expón a súa serie pictórica Recordos do mundo na sala de exposicións da planta soto da biblioteca.
Macía iniciouse na arte de maneira autodidacta hai xa máis de trinta anos. Durante a súa traxectoria impartiu clases de iniciación á pintura a nenos e nenas en condicións desfavorecidas.
Antes de expoñer na biblioteca Macía participou en exposicións tanto individuais como colectivas en diferentes espazos na nosa contorna como os Centros cívico-sociais de Piñeiros e San Xiao en Narón e de San Vicente en Meirás. Expuxo tamén en espazos públicos e privados da illa de Mallorca.
A mostra que agora nos presenta está formada por catorce pinturas das que a maior parte son acrílicos. A súa temática predominante é a paisaxe.
Podedes visitar Recordos do mundo dende o luns 11 ata o venres 29 de xullo no seguinte horario:
- Mañás: De martes a venres de 10:00 a 13:00.
- Tardes: Luns e mércores de 18:00 a 21:00.
Engadir comentario